Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1093/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 1093/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vidal Fernández contra a empresa César Moure Rosende, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza o vinte e cinco de xaneiro de dous mil doce, cuxa parte dispositiva se une:

«Que estimo integramente a demanda interposta por José Antonio Vidal Fernández fronte a César Moure Rosende e, en consecuencia, condeno o demandado a que aboe ao demandante a cantidade de 803,70 euros, máis o 10% da devandita cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a César Moure Rosende, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial