Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1074/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1074/2008, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1074/2009 seguidos por instancia de Walter Rafael González, representado pola letrada Sra. Taibo López, contra a empresa Arte e Interiorismo del Norte, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, considerando integramente a demanda formulada por Walter Rafael González, representado pola letrada Sra. Taibo López, contra a empresa Arte e Interiorismo do Norte, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.442,41 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Arte Interiorismo del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial