Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1118/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1118/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1118/2009 seguidos a instancia de Simón Méndez Pérez e Mariano Boutureira Fernández, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Simón Méndez Pérez e Mariano Boutureira Fernández, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Mariano Boutureira Fernández a cantidade de 1.411,67 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que en virtude do establecido no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Senín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial