Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (6/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 6/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e sete de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 6/2009 seguidos a instancia de Adolfo Vila Suárez, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Edificaciones Oriván, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que considerando integramente a demanda formulada por Adolfo Vila Suárez, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Edificaciones Oriván, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.871,06 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Oriván, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial