Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1246/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Marcos Caamaño Meira contra a empresa Carlos José Veloso Lemus, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1246/2009, ditouse a seguinte sentenza:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario número 1246/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes, dunha como demandante Marcos Caamaño Meira, representado e asistido pola graduado social Matilde Mallo Nieves, e da outra como demandada a empresa Carlos José Veloso Lemus, que non compareceu aos actos de conciliación e xuízo malia ser citada en legal forma, pronunciou en nome do rei esta resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamación de cantidade, interposta polo demandante Marcos Caamaño Meira contra a empresa demandada Carlos José Veloso Lemus, e condeno a demandada a avirse a esta declaración e a que lle aboe ao demandante a suma total que se reclama por importe de mil catrocentos oitenta e oito euros con cincuenta e seis céntimos (1.488,56 euros) polos conceptos salariais sinalados, incrementada no 10% do xuro de demora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta é firme, ao non caber interpoñer recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao ser a contía da reclamación inferior aos 1.803 euros (artigo 189.1 da LPL).

Así, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación á empresa Carlos José Veloso Lemus, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial