Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1228/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Nuria María Lorenzo Galego contra Armanor, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1228/2009, ditouse a seguinte resolución:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario número 1228/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes, dunha como demandante Nuria María Lorenzo Galego asistida polo letrado Felipe Martínez Ramonde, e da outra como demandada a empresa Armanor, S.L., que non compareceu aos actos de conciliación e xuízo malia ser citada en legal forma, pronunciou en nome do rei esta resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamación de cantidade, interposta pola demandante Nuria María Lorenzo Galego, contra a empresa demandada Armanor, S.L., e condeno a demandada a avirse a esta declaración e a que lle aboe ao demandante a suma total que se reclama por importe de cinco mil sesenta e tres euros con oitenta e nove céntimos (5.063,89 euros), polo pagamento total da indemnización de despedimento, incrementada no 10% de xuro de demora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 1228 09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1228 09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Armanor, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial