Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8497

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (733/10).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 733/10 seguido por instancia de Banco Santander, S.A. contra Promociones Rivas Mera, S.L., Lapidis, S.L. foi ditada a sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Banco Santander, S.A. contra Promociones Rivas Mera, S.L. e a entidade Lapidis, S.L. debo condenar e condeno as devanditas demandadas a aboaren solidariamente á demandante a cantidade de trinta e tres mil cento vinte e dous euros con trinta e oito céntimos (33.122,38 €) en concepto de principal, máis catro mil quiñentos noventa e cinco euros con vinte e dous céntimos (4.595,22 €) en concepto de xuros moratorios percibidos desde a data de vencemento das obrigas de pagamento, máis os xuros que se continúen a percibir ata o completo pagamento do debido, con imposición das custas do procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación».

E encontrándose o devandito demandado, Promociones Rivas Mera, S.L., Lapidis, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 18 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial