Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8495

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 5999/2008-MJ).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5999/2008-MJ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 218/2007 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, promovidos por Teresa Rodríguez Sánchez contra Xolda Beer, S.C., sobre incapacidade temporal, con data do 14 de febreiro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que con estimación en parte do recurso que foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, revogamos a sentenza que con data do 13 de xuño de 2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, e acollendo en parte a demanda presentada por Teresa Rodríguez Sánchez, declaramos a súa obriga de reintegrar a cantidade de oitocentos corenta e tres euros e oitenta e un céntimos (843,81 euros) por duplicidade na percepción do subsidio de incapacidade temporal no mes de marzo de 2006, e absolvemos a entidade xestora de calquera outra pretensión. Así mesmo, desestimamos o recurso de Teresa Rodríguez Sánchez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Xolda Beer, S.C., con último domicilio coñecido na Coruña, rúa Alfredo Vicenti, 23-25, baixo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña a 14 de febreiro de 2012.

M.ª Asunción Barrio Calle
Secretaria xudicial