Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8493

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 3954/2011-MJ).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sala do Social A Coruña.

Secretaria: Sra. Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3954/2011-MJ.

Xulgado de orixe/autos: demanda 251/2009. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: Portvigo, S.L., Ingaroil, S.L.

Avogados: Noemí Pérez Pinto, Abraham Piñeiro Rodríguez.

Recurridos: Beatriz Fernández Costas, Enviroil Galicia, S.A., Descontaminadora del Mar, S.A., Portvigo Lubricantes, S.L.

Eu, María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3954/2011-MJ desta sección, seguido por instancia de Portvigo, S.L., Ingaroil, S.L., contra a empresa Beatriz Fernández Costas, Enviroil Galicia, S.A., Descontaminadora del Mar, S.A., Portvigo Lubricantes, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando os recursos de suplicación interpostos polas empresas Ingaroil, S.L. e Portvigo, S.L. contra o auto ditado polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, con data do 26 de abril de 2011, confirmamos integramente a resolución impugnada. Decrétase a perda dos depósitos constituídos polas empresas para interpor recurso, ao cal se dará o destino legal, unha vez que sexa firme esta resolución, sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Beatriz Fernández Costas, Enviroil Galicia, S.A., Descontaminadora del Mar, S.A., Portvigo Lubricantes, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial