Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8476

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental.

Esta reitoría, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, e consonte o disposto nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados mediante o Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro, do Consello de Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e de acordo co disposto na Resolución do 22 de xullo de 2009 (DOG do 5 de agosto) pola que se aprobou a oferta pública de emprego para o ano 2009, resolve convocar probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental da Universidade de Vigo con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir, mediante contrato en réxime laboral de natureza fixa, unha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental, do grupo III do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, para ser cuberta polo sistema de acceso libre.

1.2. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que se especifican no anexo I.

1.3. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

1.4. As presentes probas selectivas axustaranse ao disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos estatutos da Universidade de Vigo, e supletoriamente no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nos regulamentos que desenvolven as dúas leis anteriores; no II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo e no disposto na presente convocatoria.

2. Requisitos.

A admisión estará supeditada a que as persoas aspirantes posúan os seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e os manteñan ata a sinatura do correspondente contrato:

a) Ter nacionalidade española, dalgún Estado membro da Unión Europea ou dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos establecidos pola Lei 7/2007, do 12 de abril.

Tamén poderán participar quen sexa cónxuxe de español/a e de nacionais de países membros da Unión Europea ou daqueles a que lles resulte de aplicación a libre circulación de traballadores/as, en virtude dun tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, sempre que non estean separados/as de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os/as seus/súas descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

Así mesmo, poderán presentarse as persoas estranxeiras con residencia legal en España.

b) Ter feitos 16 anos de idade e non exceder os 65 anos.

c) Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente; no caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Ter aboadas as taxas por dereitos de exame.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido separada ou estar suspendida do servizo de calquera Administración pública nin inhabilitada para o desempeño da función pública por sentenza firme. As persoas aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

3. Solicitudes.

3.1. Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha instancia no modelo oficial que deberá ser formalizada a través da páxina electrónica, no seguinte enderezo:

http://www.uvigo.es/servizos/pas/index.gl.htm > Emprego > Convocatorias xerais > Solicitude de admisión en probas selectivas

Haberá que cubrila seguindo as indicacións que figuran nesta mesma base, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos. A aplicación informática asignará a cada instancia un número de referencia identificativo único.

Unha vez cuberta a instancia, imprimiranse tres exemplares que deberán ser asinados pola persoa solicitante e presentados na entidade bancaria onde se formalice o aboamento das taxas de inscrición, en que deberá figurar impresión, selo ou documento xustificativo do ingreso. Un destes exemplares servirá de recibo para a persoa interesada, outro entregarase na entidade bancaria correspondente e o terceiro deberá presentarse ante a reitoría da Universidade de Vigo, consonte se regula no punto seguinte.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio da Xerencia, Campus Universitario, 36310 Vigo), nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (r/ Torrecedeira, n.º 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.3. Os dereitos de exame serán de 30,41 euros e o pagamento deberá efectuarse unicamente dentro do prazo de presentación de solicitudes na conta corrente 2080 0501 12 3110000112, Novagalicia Banco, O.P.-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. O pagamento realizarse directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando para iso o impreso de solicitude, ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa interesada, o código 0709PL305 e a categoría técnico especialista de análise instrumental.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

3.4. Non obstante, gozarán de exención ou bonificación da taxa anterior:

I. Exención:

a) As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, achegando coa solicitude un ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de minusvalidez.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego durante, polo menos, seis meses antes da data de publicación no DOG desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O certificado acreditativo desta situación solicitarase no Servizo Público de Emprego e deberá presentarse xunto coa solicitude.

c) As familias numerosas de categoría especial. Esta condición acreditarase mediante o correspondente título actualizado.

II. Bonificación: as familias numerosas de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Acreditarase como no suposto anterior.

3.5. Coa instancia achegarase, necesariamente, xa que será motivo de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade; quen non posúa nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do/a nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/a seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que a persoa aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de ter aboadas as taxas de inscrición ou documentación acreditativa do dereito á exención ou bonificación nos termos expresados na base 3.4.

3.6. Ata a data de remate do prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, pero referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, poderanse acreditar os méritos alegados do seguinte xeito:

a) Os servizos prestados na Universidade de Vigo acreditaranse mediante certificación expedida de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos.

b) A formación acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos títulos e diplomas correspondentes, ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Deberán indicar a duración e o programa.

c) De conformidade co establecido na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes quedarán exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán se coa solicitude achegan copia compulsada do diploma de español de nivel B2 (intermedio) ou C2 (superior) ou do certificado de aptitude en español para persoas estranxeiras expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na devandita base.

3.7. Ao cubrir a solicitude deberase indicar:

a) O sistema de ingreso polo que solicita acceder: acceso xeral libre.

b) O importe das taxas de inscrición que lle correspondan (importe íntegro, exención ou bonificación).

c) Se padece algunha discapacidade poderá solicitar as adaptacións de tempos e medios que consideren necesarias para a realización das probas; para este fin, o ditame médico citado na base 3.4.a) deberá ser suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.

d) Quen prestase servizos na Universidade de Vigo deberá facelo constar para que se emita de oficio a certificación prevista na base 3.6.a).

e) O interese en formar parte dunha listaxe de espera para futuras necesidades de contratación temporal en prazas desta categoría. De non indicalo expresamente, considerarase que non desexa figurar nela.

3.8. Os erros de feito que puidesen advertirse, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes. Poderán unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.1. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

3.9. De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo. A persoa interesada deberá solicitar a devolución e achegar os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Polo tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión das probas selectivas por causa imputable á persoa interesada.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes a Reitoría da Universidade de Vigo ditará resolución, no prazo dun mes, que se publicará no DOG, mediante a que declarará aprobada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con expresión das causas que motivaron a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita resolución.

4.2. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a da realización das probas mediante resolución, que se publicará no DOG.

4.3. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilitar a súa emenda en tempo e forma, as persoas aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de persoas excluídas, senón que os seus nomes constan correctamente na de admitidas.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas terá a composición que se detalla no anexo III e terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

5.2. O persoal que integre o tribunal deberá absterse de intervir, notificándollo á reitoría da universidade, cando concorran nelas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 ou se tivesen participado en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. As persoas aspirantes poderán recusar os/as membros do tribunal cando concorran as ditas circunstancias.

No acto de constitución, a presidencia solicitará de cada membro do tribunal declaración expresa de non se encontraren incurso/a nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

5.3. Logo da convocatoria da presidencia, constituirase o tribunal coa asistencia de quen exerza esta e a secretaría, ou de ser o caso, de quen os/as substitúan, e a metade, polo menos, dos/as restantes membros. Nesta sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopcións de acordos, requirirase a asistencia dos/as membros do tribunal que se especifican no punto anterior.

5.5. O tribunal resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor especialista, limitándose o seu labor a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación será feita pola Reitoría da Universidade de Vigo, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2. Así mesmo, cando o número de participantes o aconselle poderá solicitar da reitoría a designación de persoal colaborador.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios co resto de aspirantes. Para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.7., estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios. Para tal efecto, o tribunal poderá solicitar xustificación documental e os informes sanitarios ou técnicos correspondentes.

5.8. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e excluirá a quen consigne nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.9. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Xerencia da Universidade de Vigo, Campus Universitario, teléfono 986 81 37 62 (Servizo de Persoal de Administración e Servizos, edificio da Xerencia).

5.10. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o concurso-oposición un número superior de aspirantes ao da praza convocada. Calquera proposta que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade coa Resolución da Consellería de Facenda do 7 de febreiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro).

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento e decaerán no seu dereito as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal. En calquera momento, o tribunal poderá requirir ás persoas aspirantes que acrediten a súa identidade.

6.3. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase a partir da primeira quincena de xuño de 2012; o lugar, data e hora de realización publicarase xunto coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se realizase o anterior, no taboleiro de anuncios da Xerencia e no enderezo electrónico indicado na base 9.1., con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para a súa iniciación. O proceso selectivo deberá estar concluído antes do 31 de decembro de 2012.

6.4. Tras cada exercicio, entregaranse os cuestionarios e, nas probas tipo test, o tribunal publicará as respostas correctas no lugar onde se realizaron así como no enderezo electrónico indicado na base 9.1.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá propoñer a súa exclusión á Reitoría da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Relación de persoas aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa realización, no taboleiro de anuncios da Xerencia e na páxina electrónica, a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do nome.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do seguinte á realización de cada exercicio, para presentar reclamacións contra as preguntas formuladas.

Disporán de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das puntuacións de cada exercicio para presentar reclamacións contra estas.

Tamén disporán de cinco días hábiles para reclamar contra as puntuacións da fase de concurso, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

7.3. Rematada a fase de oposición, e para quen a superase, o tribunal fará públicos os puntos obtidos na fase de concurso, que en ningún caso poderán sumarse para os efectos de superar os exercicios da oposición.

A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. Os empates resolveranse consonte os seguintes criterios: terá preferencia o candidato ou candidata con maior puntuación no conxunto da fase de oposición; a continuación, quen obteña a maior puntuación no segundo exercicio da fase de oposición, no primeiro, no conxunto da fase de concurso, e en cada unha das súas epígrafes na orde en que se relacionen; finalmente, resolverase por sorteo entre as persoas aspirantes igualadas.

7.4. Resoltas as reclamacións e rematado o proceso selectivo, a presidencia do tribunal elevará á reitoría a relación definitiva coa persoa aprobada en que constarán as cualificacións da fase de concurso e de cada un dos exercicios da fase de oposición e a suma total. Esta relación en ningún caso poderá conter un número de candidatos ou candidatas superior ao das prazas convocadas.

Non obstante o anterior, co obxectivo de asegurar a cobertura das prazas convocadas no caso de renuncias ou no suposto previsto na base 8.2, o órgano que convoca poderá requirirlle ao órgano de selección unha relación coas persoas candidatas que sigan ás propostas.

7.5. Coa finalidade de configurar a correspondente listaxe de espera, unha vez rematado o proceso selectivo e para quen así o indicase na súa solicitude de participación, o tribunal valorará os méritos da fase de concurso das persoas aspirantes que superasen, polo menos, un dos exercicios obrigatorios da fase de oposición, elaborando e remitindo á Xerencia unha relación con todas elas, ordenadas segundo a puntuación final obtida da suma de ambas as fases.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que se faga pública a relación definitiva coa persoa que supere o proceso selectivo, esta deberá presentar no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia do título académico; no caso de titulación estranxeira, presentarase credencial da súa homologación, de non tela presentado anteriormente.

b) Declaración xurada ou promesa de non estar separada mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitada para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública. Poderase utilizar o modelo que figura no anexo IV.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións.

8.2. Se dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior debidamente xustificado, non presenta a documentación ou do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratada e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que tivese incorrido por falsidade na solicitude inicial, formulándose proposta a prol da persoa candidata seguinte na orde de prelación, sempre que superase a fase de oposición.

8.3. A persoa aspirante seleccionada deberá superar satisfactoriamente un período de proba de 1 mes, de conformidade co previsto no II Convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Vigo e no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29 de marzo), polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

9. Norma derradeira.

9.1. Con independencia dos lugares que singularmente se indican, os actos e acordos que integren este proceso selectivo, publicaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio da Xerencia, Campus Universitario, 36310 Vigo), que servirá de referencia para os efectos de cómputo de prazos e notificacións as persoas interesadas. Igualmente, daráselles publicidade na páxina electrónica do Servizo de PAS da Universidade de Vigo: http://www.uvigo.es/servicios/pas/index.gl.htm > Emprego > Convocatorias xerais

Ademais, poderase obter información e realizar consultas telefonicamente a través do Negociado de Selección e Provisión (986 81 37 62) ou ben por correo electrónico, no seguinte enderezo: consultapas@uvigo.es

9.2. De acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), os datos indicados na solicitude pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, modificado mediante a Resolución reitoral do 9 de febreiro de 2009 (DOG do 6 e 12 de marzo), que ten por finalidade a xestión do persoal da Universidade de Vigo. O ficheiro está baixo a responsabilidade da Xerencia. Coa súa participación neste proceso selectivo as persoas interesadas autorizan á Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza deste procedemento de concorrencia competitiva. Así mesmo, poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, en cumprimento do que establece a LOPD ante a Secretaría Xeral da Universidade de Vigo (Campus das Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo).

9.3. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar as probas e as persoas que participen nelas.

A convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, a Universidade de Vigo poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita lei.

Vigo, 27 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Exercicios e valoración

A) Fase de oposición:

A fase de oposición estará constituída polos seguintes exercicios:

Primeiro. Consistirá na realización por escrito dun cuestionario tipo test, constituído por 80 preguntas e con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. O tribunal incluirá cinco preguntas de reserva. O tempo máximo de realización será de 100 minutos. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Cualificarase cun máximo de 35 puntos, e será necesario obter 17,5 puntos para superalo.

Segundo. Tratarase dun exercicio práctico consistente ben en desenvolver por escrito un ou varios supostos prácticos ou ben en responder un cuestionario tipo test, no que as respostas incorrectas non descontarán. O tempo máximo de realización será de 120 minutos. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Cualificarase cun máximo de 50 puntos e será necesario obter 25 puntos para superalo.

B) Fase de concurso:

1. Antigüidade: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,147 por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de cinco puntos. Valorarase a formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ao exixido pola convocatoria ou afíns.

Duración

Puntuación

De 30 horas a 99 horas

1 punto

De 100 horas a 249 horas

2 puntos

De 250 horas a 499 horas

3 puntos

Igual ou superior a 500 horas

4 puntos

Se a totalidade ou unha parte dos cursos tivesen unha duración inferior a 30 horas non se tomarán en consideración agás que, no seu conxunto, sumen unha duración igual ou superior a 30 horas, suposto en que recibirán un máximo de 1 punto.

Considerarase que a formación está directamente relacionada coa categoría se o seu contido refírese directamente aos temas que configuran o programa (anexo II). Esta mesma consideración recibirán os cursos de galego.

ANEXO II
Programa

Bloque 1: Espectroscopía atómica analítica.

1. Espectroscopía de absorción atómica.

a) Fundamentos de absorción atómica.

b) Compoñentes do espectrofotómetro de absorción atómica e as súas funcións: fontes de radiación, atomizadores, sistemas ópticos, detectores.

c) Técnicas de calibración.

d) Interferencias: químicas, espectrais.

e) Correctores de fondo.

f) As técnicas de atomización en chama, electrotérmica, vapor frío e xeración de hidruros.

g) Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento dos equipamentos de absorción atómica.

2. Espectrometría óptica de emisión atómica mediante plasma acoplado indutivamente: ICP-AES (ICP-OES).

a) Fundamentos da espectrometría de emisión atómica.

b) Compoñentes dun espectrómetro de emisión mediante ICP.

c) Estrutura física do plasma e súa distribución de Tª.

d) Procesos de atomización e excitación.

e) Interferencias no plasma de argón.

f) Técnicas de calibración.

g) Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento dos equipamentos de absorción atómica.

3. Técnicas de preparación de mostraxe para análise elemental inorgánico.

a) Procedementos de disolución mediante ataque ácido.

b) Procedementos de disolución mediante fusión con sales alcalinas.

c) Seguridade e mantemento dos equipamentos.

Bloque 2: Técnicas cromatográficas.

1. Fundamentos da cromatografía.

2. Técnicas cromatográficas.

3. Cromatografía de gases: instrumentación, compoñentes e métodos de calibración.

4. Cromatografía de líquidos: instrumentación, compoñentes e métodos de calibración.

5. Métodos de preparación de mostraxes para aplicacións en alimentación e ambiente.

6. Análise cualitativa e cuantitativa.

Bloque 3: Espectroscopía UV-VIS y FTIR.

1. Espectrometría de IR.

a) Fundamentos da espectroscopia de IR.

b) Compoñentes do espectrómetro de IR.

c) Espectrometría de IR mediante transformadas de Fourier.

d) Preparación de mostraxes.

2. Espectrometría de UV_VIS.

a) Fundamentos da espectroscopia de UV-VIS.

b) Compoñentes do espectrómetro de UV-VIS.

c) Análise cualitativa e cuantitativa.

d) Análise mediante inxección de fluxo segmentado acoplado a detección colorimétrica: métodos e aplicacións.

Bloque 4: Análise elemental orgánico.

1. Fundamentos da técnica.

2. Compoñentes dun analizador elemental e as súas funcións.

3. Determinación de CHN, CHNS e O.

4. Aplicacións, reactivos e materiais.

5. Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento.

Bloque 5: Seguridade e hixiene no laboratorio.

1. Recoñecemento e uso correcto do material de laboratorio.

2. Manexo de substancias tóxicas e perigosas.

3. Sinalización de seguridade. Etiquetaxe e follas de seguridade de substancias químicas.

4. Emerxencias.

5. Equipamentos de protección individual.

6. Operacións básicas de mantemento dun laboratorio químico. Tratamento de residuos de laboratorio.

Bloque 6: Coñecementos transversais.

1. Habilidades básicas de microinformática. Procesador de textos Word: crear, abrir e dar formato a documentos.

2. A Lei de protección de datos de carácter persoal: obxecto e ámbito. Principios e dereitos de acceso.

3. A igualdade nas administracións públicas. Principios xerais das políticas públicas de igualdade. Igualdade no ámbito universitario. O principio de igualdade no emprego público.

ANEXO III
Tribunal

• Tribunal titular:

Presidenta: Irene Alejo Flores, profesora titular da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Carmen García Meijide, técnica superior de servizos xerais de investigación da Universidade de Vigo.

– Jorge Millos Alfeirán, técnico superior de análise instrumental da Universidade de Vigo.

– Marcos Estévez Orge, técnico especialista de bibliotecas da Universidade de Vigo.

Secretario: Jesús Ignacio Estévez Sío, técnico especialista de análise instrumental da Universidade de Vigo.

• Tribunal suplente:

Presidenta: María Asunción Longo González, profesora titular da Universidade de Vigo.

Vogais:

– M.ª del Carmen Álvarez González, técnica superior de prevención de riscos laborais da Universidade de Vigo

– Estefanía Carolina López Silva, técnica especialista de análise instrumental da Universidade de Vigo.

– Margarita Turnes Negreira, técnica especialista de laboratorio de química da Universidade de Vigo.

Secretaria: Cristina Pérez Novo, técnica superior de servizos xerais de investigación da Universidade de Vigo.

ANEXO IV
Declaración xurada/promesa

Don/Dona..................................................................................................................., con DNI/NIE/pasaporte.......................... e nacionalidade............................................

DECLARA BAIXO XURAMENTO OU PROMETE, para os efectos de ser contratado/a pola Universidade de Vigo,

□ (Cidadáns/ás españois) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

□ (Cidadáns/ás estranxeiros/as) Non estar sometido/a a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

..........................................., .......... de........................ de 20.........

(localidade)              (día)              (mes)                 (ano)