Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (527/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 527/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, vinte e sete de xaneiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 527/2009, seguidos por instancia de Ana María Verger Gadea, representada polo letrado Sr. González Negreiro, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual. Comparece como administrador concursal da empresa Electricidad Senín, S.L., o letrado Sr. Pita Wonenburger, e o Fogasa, que non comparece. A litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Ana María Verger Gadea, representada polo letrado Sr. González Negreiro, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, coa comparecencia como administrador concursal da empresa Electricidad Senín, S.L. do letrado Sr. Pita Wonenburger e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a Ana María Verger Gadea a cantidade de 11.334,05 euros, en concepto de salario do mes de novembro de 2008, decembro de 2008 e dezaseis días do mes de xaneiro de 2009, así como a liquidación correspondente, cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde a notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril. Pasados estes, quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Senín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado