Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (43/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 43/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 43/2009, seguidos por instancia de Luis Alberto Loureiro Prego, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece. A litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Luis Alberto Loureiro Prego, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 913,84 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que, en virtude do establecido no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Senín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado