DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44808

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria de xestión da biomasa (Lei 3/2007).

Resultando descoñecido o titular da parcela 1006 do polígono 39 e o domicilio do titular da parcela 1003 do polígono 39, nas Mariñas de Oia (Arrabal), e de acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), mediante o Decreto 378/2024, do 4 de xullo de 2024, ordenouse a execución subsidiaria da xestión da biomasa existente nas parcelas referidas, a cargo dos obrigados.

Procedemos á publicación das referencias catastrais das parcelas, así como da superficie de cada parcela afectada pola execución subsidiaria ordenada.

O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono

Parcela

Interesado/a

Referencia catastral

Superficie de afección

(50 m perimetrais á edificación illada destinada ás persoas, a menos de 400 m do monte, sita na parcela 1000 do polígono 39)

Xestiona 954/2024 URB/14/2024

39

1003

M.A.A.

domicilio descoñecido

36036A039010030000QX

140,74 m2 (100 %)

Xestiona 954/2024 URB/14/2024

39

1006

En investigación

Titular descoñecido

36036A039010060000QE

183,15 m2 (78,30 %)

Oia, 5 de xullo de 2024

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa