DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO polo que se aproba inicialmente o proxecto de expropiación por procedemento de taxación conxunta.

Unha vez aprobado inicialmente por Acordo do Pleno do Concello de Cortegada (Ourense) do 18 de xullo de 2024 o proxecto de expropiación por procedemento de taxación conxunta, pode consultarse o dito acordo e a relación de bens e dereitos que se van expropiar que nel figuran, no seguinte enderezo: https://cortegada.sedelectronica.es/board

Mediante este sistema, a Administración expropiadora obtén a propiedade de todos os bens e dereitos incluídos no polígono e executa as obras de urbanización.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as alegacións que considere pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello https://cortegada.sedelectronica.es/

O presente anuncio serviralles de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Cortegada, 22 de xullo de 2024

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde