DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44809

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de notificación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, o interesado no procedemento proceda á xestión da biomasa vexetal, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Referencia catastral

Titular

15092A017004630000BP

15092A017004280000BP

Francisca Fernández Castelos

Vilarmaior, 8 de xullo de 2024

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde