DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44730

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico superior de investigación (Aula Produtos Lácteos), correspondente ao procedemento de estabilización extraordinaria de emprego temporal convocado pola Resolución do 5 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 30 de xaneiro de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 26 de xuño de 2024, o tribunal publica a relación definitiva parcial de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS laboral dos grupos I, II e III.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da categoría de técnico superior de investigación (Aula Produtos Lácteos) e que, segundo a base 9.1 da convocatoria, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 5 de decembro de 2022 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.

2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.

3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC.

Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terán en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo na categoría de técnico superior de investigación (Aula Produtos Lácteos) convocadas á elección de destino

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***0205**

Fernández-Albalat Ruiz, María de la Paz

2

***2852**

Carballeira Fernández, José Ángel

3

***3279**

Domínguez Pérez, Eva

4

***5862**

Trillo Novo, Juan Ventura

5

***5609**

Aldenaueva Potel, Luis

6

***4409**

Ferreiro Portas, Tania

7

***4731**

Abuín Arias, Laura

ANEXO II

Relación de postos que se ofertan

Código

Denominación e unidade de adscrición

Quenda

Campus

PL001425

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Xornada partida

Lugo

PL001426

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Xornada partida

Lugo

PL001427

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Xornada partida

Lugo

PL001428

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Mañá

Lugo

PL001429

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Mañá

Lugo

PL001430

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Mañá

Lugo

PL001503

Técnico superior de investigación. Área de Infraestruturas de Investigación

Mañá

Lugo