DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

Acto notificado

PO-2021/00120

36137546S

Resolución do recurso de alzada

K160025