DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44728

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca ao primeiro exercicio (proba de galego) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de xornalista, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de abril de 2024 (DOG do 24 de abril e BOE do 6 de maio) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de xornalista, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 31 de maio de 2024 (DOG do 12 de xuño) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 17 de setembro de 2024, ás 11.00 horas, na sala de xuntas da Facultade de Ciencias da Comunicación, 1º andar, avenida de Castelao, s/n, Campus Norte, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela