DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44112

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se modifica a oferta e se suprimen as ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral no IES Arcebispo Xelmírez I, do concello de Santiago de Compostela.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades, e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Orde do 30 de xuño de 2022 autorizouse a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de titularidade desta consellería de acordo con esta ordenación.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario modificar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.

Por todo canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación de ensinanzas

Modifícase a oferta e suprímense as ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral no IES Arcebispo Xelmírez I (código 15015743), do concello de Santiago de Compostela, con efectos no curso 2023/24.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e
Formación Profesional