DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44114

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao e máster universitario nas universidades que forman parte do Sistema universitario de Galicia para o curso 2024/25.

A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, establece que a implantación de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional corresponde á Comunidade Autónoma.

O Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da calidade, regula, nos artigos 26 e 27, o procedemento de verificación dos plans de estudos e establecemento do carácter oficial das titulacións. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola Comunidade Autónoma. Por acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á publicación no Boletín Oficial del Estado e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia; a Orde do 20 de marzo de 2012, que desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 161/2015, do 5 de novembro, que modifica o Decreto 222/2011.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da Comunidade Autónoma farase mediante orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente, informarase no Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño.

As universidades, logo de ser autorizadas a implantar os estudos, quedan obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición mais aló dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar a non impartición da titulación noutro curso académico.

O Pleno do Consello Galego de Universidades na sesión ordinaria do 14 de xuño de 2024, no exercicio das súas competencias, acordou emitir informe favorable sobre as solicitudes das universidades do Sistema universitario de Galicia de implantación das seguintes titulacións, unha vez obtidas as resolucións de verificación do Ministerio nas datas 5 de xuño e 9 de xullo de 2024.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que se autorice a Universidade da Coruña para implantar, no curso 2024/25, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Biofabricación pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

2, Máster universitario en Cronicidade e Novos Modelos de Atención Sociosanitaria pola Universidade da Coruña. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario en Discapacidade e Dependencia e código RUCT 4315466 para o curso 2025-2026.

3. Máster universitario en Economía Circular pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

4. Máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela.

5. Máster universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial pola Universidade da Coruña. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e código RUCT 4316464.

6. Máster universitario en Informática Industrial e Robótica pola Universidade da Coruña, a Universidade de La Laguna e a Universidade de Estremadura. Título conxunto coordinado pola Universidade da Coruña. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario en Informática Industrial e Robótica pola Universidade da Coruña e a Universidade de La Laguna e código RUCT 4317172.

7. Máster universitario en Internet das Cousas - IoT pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade da Coruña.

8. Máster universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable pola Universidade da Coruña.

Artigo 2

Que se autorice a Universidade de Santiago de Compostela para implantar, no curso 2024/25, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2504140.

2. Grao en Bioquímica pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2504170.

3. Grao en Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2503766.

4. Grao en Empresa e Tecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2504171

5. Grao en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2502237.

6. Grao en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2501097.

7. Grao en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e código RUCT 2500974.

8. Máster universitario en Biociencias Moleculares pola Universidade de Santiago de Compostela.

9. Máster universitario en Biofabricación pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

10. Máster universitario en Dirección de Proxectos pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e código RUCT 4310354.

11. Máster universitario en Economía Circular pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

12. Máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela.

13. Máster universitario en Enxeñaría Agronómica pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e código RUCT 4314243.

14. Máster universitario en Enxeñaría de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e código RUCT 4314244.

15. Máster universitario Eramus Mundus en Lexicografía (European Master in Lexicography) título conxunto pola Universidade de Santiago de Compostela, Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nurnberg (Alemaña); Karoli Gáspár Református Egyetem (Hungria); Universidade do Minho (Portugal); Università degli Studi Roma Tre (Italia); Universität Hildesheim (Alemania) e Université de Lorraine (Francia). A autorización deste título inicia o proceso de extinción máster universitario Eramus Mundus en Lexicografía (European Master in Lexicography), título conxunto pola Universidade de Santiago de Compostela; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña); Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría); Stellenbosch University (República Sudafricana); Universidade do Minho (Portugal); Università degli Studi di Roma Tre (Italia); Université de Lorraine (Francia) e Uniwersytet Slaski w Katowicach (Polonia) co código RUCT 4316053.

16. Máster universitario en Internet das Cousas - IoT pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinador pola Universidade da Coruña.

17. Máster universitario en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e código RUCT 4315430.

18. Máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela co código RUCT 4317746.

Artigo 3

Que se autorice a Universidade de Vigo para implantar, no curso 2024/25, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Enxeñaría da Automoción pola Universidade de Vigo.

2. Máster universitario en Biofabricación pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

3. Máster universitario en Economía Circular pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Vigo.

4. Máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela.

5. Máster universitario en Internet das Cousas - IoT pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Título conxunto coordinado pola Universidade da Coruña.

Artigo 4

Que se autorice a Universidade Intercontinental da Empresa para implantar, no curso 2024/25, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Psicoloxía pola Universidade Intercontinental da Empresa.

Artigo 5

As universidades, logo de ser autorizadas a implantar as ensinanzas universitarias, quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico.

Artigo 6

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do estudantado que se encontre cursando os estudos que inician o proceso de extinción, de acordo co establecido no artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional