DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44120

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24.

A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 19 de xuño de 2024, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (DOG núm. 125, do 28 de xuño), establece no seu artigo 13 que para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 19 de xuño de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

– Vogais:

Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de educación.

José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de educación.

– Suplentes:

Presidenta: Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de educación.

– Vogais:

Benigno Sánchez Vales, inspector de educación.

Patricia Gens Autrán, inspectora de educación.

María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa