DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44090

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de revisión de oficio da previsión relativa ás edificacións a un lado do río Avia e sinaladas como equipamento, contida no Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico-artístico.

O Pleno do Concello de Ribadavia, en sesión do 24 de xuño de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Visto o Ditame do Consello Consultivo de Galicia 211/2024, do 19 de xuño. Revisión de oficio da previsión relativa ás edificacións a un lado do río Avia e sinaladas como equipamento, contida no Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico-artístico de Ribadavia, no cal se indica:

Que se emite informe favorable sobre a proposta de resolución a que este expediente se refire.

En relación coa seguinte previsión do Plan especial de protección e reforma interior, aprobado definitivamente polo Pleno municipal do 25 de febreiro de 1999 e publicado no BOP do 19 de abril de 1999:

«as edificacións sinaladas como equipamento rehabilitaranse, incorporándose como equipamento cultural á instalación do museo etnográfico

Acórdase:

– Declarar de oficio a nulidade, polos motivos expostos no informe da secretaría municipal existentes no expediente, da seguinte previsión do Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico-artístico de Ribadavia:

«as edificacións sinaladas como equipamento rehabilitaranse incorporándose como equipamento cultural á instalación do museo etnográfico».

– Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no Boletín Oficial da provincia.

– Efectuada a publicación, comunicala ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos previstos no artigo 208 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O que se publica para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se trata dunha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Ribadavia, 25 de xuño de 2024

César Fernández Gil
Alcalde