DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44092

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

ANUNCIO do procedemento para a contratación da concesión de servizos de restauración do Club Cámara Noroeste sito no Baluarte do Parrote (A Coruña).

Entidade contratante/órgano de contratación: o Consello de Administración da sociedade Club Cámara Noroeste, Sociedad Limitada. CIF: B56190499 (sociedade participada ao 100 % pola Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña).

A información do procedemento e o prego de contratación poderanse obter consultando a web https://www.camaracoruna.com/es/perfil-del-contratante-ficha/223/ ou ben dirixindo a consulta en relación ao procedemento ou á visita ás futuras instalacións, ao seguinte correo electrónico: direcciongeneral@camaracoruna.com

As ofertas presentaranse no domicilio social da sociedade Club Cámara Noroeste, Sociedad Limitada, sito na rúa Alameda, 30, 2º, A Coruña, na forma indicada no prego, e a data límite de presentación de ofertas será ata as 12.00 horas do día 4 de setembro de 2024.

A Coruña, 16 de xullo de 2024

Antonio Couceiro Méndez
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación da Coruña