DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44012

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses, quenda libre, que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1287/2022, do 22 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicar destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo aos/ás integrantes do corpo de médicos forenses nomeados/as funcionarios/as de carreira pola Orde do 17 de xullo de 2024, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses a que se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Unha vez dilixenciada a toma de posesión remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro quedará para constancia no órgano.

Terceiro. O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que foran adxudicadas aos aspirantes aprobados cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Cuarto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformado pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles/as aspirantes que posúan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Quinto. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses a que se outorga destino en virtude desta resolución, aínda que fosen destinados/as con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en el concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sexto. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 8 de xullo de 2024 non adxudicadas nesta resolución manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que poidan anunciarse como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público, ou en caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Posto adxudicado

1

***7515**

Sebastián García, Carla

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Vigo. XG9251820036560307

2

***5323**

González Saborido, Cristina

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra. XG9251820036001302

3

***8597**

Ouviña Sampedro, Lidia

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra. XG9251820036001301