DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44014

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio) e no artigo 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (DOG núm. 173, do 12 de setembro), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Consellería de Economía e Industria e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas solicitantes deberán unir á petición un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO I

Código: EI.C02.00.003.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Coordinación Económica.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 24.666,32 €.

Tipo de adscrición: A12 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local).

Formación específica: 640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file