DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43577

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 8 de xullo de 2024 pola que se resolve o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión no concello da Coruña (código de procedemento BS213Q).

No Diario Oficial de Galicia número 93, do 14 de maio de 2024, publicouse a Resolución do 24 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión, no concello da Coruña (código de procedemento BS213Q).

Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración de todas as solicitudes e aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite o 8 de xullo de 2024 a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.

A base décimo quinta da Resolución do 24 de abril de 2024 establece que a resolución da concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 8 de xullo de 2024, ditada no procedemento BS213Q de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión, no concello da Coruña, que se xunta a esta resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 8 de xullo de 2024 pola que se resolve o procedemento
de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas
nun centro de acollida e inclusión, no concello da Coruña

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14 de maio de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 24 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión, no concello da Coruña (código de procedemento BS213Q).

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 11.1 da resolución que regula a convocatoria, a subdirectora xeral de Prestacións e Programas de Inclusión informa o 17 de xuño de 2024 de que, unha vez revisadas as solicitudes e, se é o caso, completadas ou emendadas, resulta que unicamente presentou solicitude para participar na licitación a entidade Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, NIF G15074743, e que esta entidade cumpre cos requisitos previstos na convocatoria para participar na licitación.

Na documentación presentada consta a declaración responsable da entidade de exención de IVE.

Terceiro. Con data do 17 de xuño de 2024 reúnese a Comisión de Valoración de ofertas prevista no artigo 12 da resolución reguladora da convocatoria para verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e resulta que a oferta presentada pola entidade Padre Rubinos as reúne.

Así mesmo, comprobou que esta entidade cumpre co requisito de preferencia previsto no artigo 13.1.1.1 da convocatoria, polo que non é necesario aplicar os criterios de valoración previstos nela.

Cuarto. A subdirectora xeral de Prestacións e Programas de Inclusión, en calidade de presidenta da Comisión de Valoración e de conformidade coa verificación realizada por esta, o 17 de xuño de 2024 propón a adxudicación do concerto á entidade Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Quinto. Con data do 2 de xullo de 2024 foi fiscalizada de conformidade pola Intervención Delegada a disposición do gasto.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. O Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 16 que a resolución do concerto social promovido pola consellería con competencias en materia de servizos sociais lle corresponde á persoa titular desta, que poderá delegar a competencia na persoa titular do órgano de dirección competente no ámbito dos servizos sociais que se vaian concertar.

O artigo 14 da resolución pola que se regula a convocatoria deste concerto indica que a resolución lle corresponde, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de política social, á persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social.

Segundo. A resolución do concerto faise logo de valoración e proposta da Comisión de Valoración de ofertas, conforme o previsto no artigo 14 da resolución reguladora da convocatoria.

Terceiro. O Decreto 229/2020, do 17 de decembro, prevé no número 4 da súa disposición transitoria primeira que as entidades que, na data de publicación desta convocatoria, estean a prestar o servizo obxecto deste concerto, mediante outras fórmulas de colaboración ou contratación, terán preferencia nas prazas que soliciten e que teñan contratadas, sen necesidade de aplicar os criterios de valoración previstos neste artigo, sempre e cando a solicitude sexa pola totalidade das prazas que se están xestionando.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión, no concello da Coruña, á seguinte entidade:

Adxudicatario:

Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos

NIF:

G15074743

Número do rexistro no RUEPSS da entidade:

E0034

Denominación no RUEPSS do centro concertado:

Centro de Acogida e Inclusión Padre Rubinos

Número de rexistro no RUEPSS do centro concertado:

E0034C010

Concello e provincia do centro en que se executan os servizos:

A Coruña

Servizo que se concerta conforme a Carteira de servizos sociais de inclusión establecida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro

Código

Servizo

Tipoloxía

0302

Servizo integral de inclusión sociolaboral

Internado (365 días)

Número de prazas que se concertan:

11

Período de concerto:

4 anos renovables ata un máximo de 10 anos

Importe do concerto:

832.269,40 € (IVE excluído)

Segundo. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Terceiro. De conformidade co artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e co 18 da resolución reguladora da convocatoria, para que o concerto se perfeccione e poida iniciar a súa execución, deberase formalizar mediante documento administrativo no prazo de 30 días seguintes aos da publicación desta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade, P.D. (Artigo 14 da Resolución do 24 de abril de 2024), Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.