DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43582

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a resolución de concesión de subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

Con data do 8 de xaneiro de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 5, a Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

Con data do 2 de maio de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 86 a Resolución do 22 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023, e publicouse no anexo II a lista de espera das solicitudes susceptibles de axuda para ser atendidas no caso de quedar crédito libre por producirse algunha renuncia ou ben por ampliación do crédito inicialmente dispoñible segundo o especificado no artigo 2.3 das bases reguladoras.

O 28 de xuño de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 125 a Orde do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, destinado á liña de subvencións Plan Corresponsables no ámbito local (código de procedemento SI436A).

En virtude do dito incremento, con data do 10 de xullo de 2024 emitiuse resolución de concesión de subvencións destinadas aos concellos da lista de espera do programa do Plan Corresponsables no ámbito local.

Segundo o artigo 17.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación da Resolución do 10 de xullo de 2024 de concesión de subvencións aos concellos da lista de espera do programa do Plan Corresponsables no ámbito local, en virtude da Orde do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), e que figura no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade

ANEXO

Resolución do 10 de xullo de 2024 de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia da lista de espera do programa do Plan Corresponsables no ámbito local, en virtude da Orde do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

Mediante a Resolución do 29 de novembro de 2023 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2024.

Estas axudas teñen como finalidade o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se encontren nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.

Coa dita finalidade establécense os seguintes programas:

a) Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; en diante Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información á muller (en diante, CIM) (SI427B).

Con data do 2 de maio de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 86 a Resolución do 22 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B). No anexo II da Resolución do 22 de abril de 2024 figuran as solicitudes que quedaron na lista de espera, por esgotamento de crédito, segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer de se producir algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

O 28 de xuño de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 125 a Orde do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, e o crédito total dispoñible para atender as axudas previstas no anexo II da Resolución do 29 de novembro de 2023 queda da seguinte maneira:

Programa-procedemento

Aplicación

Cód. proxecto

Importe 2024

Ampliación

Importe 2025

Total

Artigo 1.a)-SI436A

38.07.312G.460.1

2021 00175

6.000.000,00

643.272,60

0,00

6.643.272,60

Artigo 1.b)-SI435A

38.07.313B.460.0

2023 00095

500.000,00

0,00

0,00

500.000,00

Artigo 1.c)-SI427B

38.07.313B.460.0

2015 00144

2.847.899,75

0,00

1.600.000,00

4.447.899,75

9.347.899,75

643.272,60

1.600.000,00

11.591.172,35

Tendo en conta que se dá o suposto previsto no artigo 2.3 das bases reguladoras, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, e con base na valoración realizada pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia da lista de espera, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 16 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo I, por un importe total de 641.443,54 euros, na aplicación orzamentaria 38.07.312G.460.1, proxecto de gasto 2021.00175, coa denominación Plan Corresponsables para a promoción da igualdade dirixida a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Segundo. As axudas do programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A) están financiadas con fondos finalistas do Estado do Plan Corresponsables.

Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo desta resolución de que, de acordo co establecido no artigo 17.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión deberán comunicar, no prazo de dez (10) días, a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Terceiro. Segundo o artigo 3.2 das bases reguladoras, no programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A) é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das accións subvencionadas.

No caso do programa do Plan Corresponsables (SI436A), cando as entidades establecesen o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, deben establecer criterios de renda e ter en conta as cargas familiares nos prezos de acceso ao servizo para as persoas usuarias, tendentes a favorecer a gratuidade e a universalidade das actuacións. Os ingresos obtidos das cotas para o acceso das familias con maiores ingresos económicos deberán reverter no propio Plan Corresponsables e recollerse na xustificación que se vaia presentar; no caso contrario, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

Cuarto. De conformidade co artigo 21.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 29 de novembro de 2023.

Quinto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 20.1.1 das bases reguladoras, finaliza o 11 de outubro de 2024.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 20.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 12 das bases reguladoras, a presentación da documentación deberá realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A xustificación para o programa Plan Corresponsables (SI436A) realizarase a custo real mediante a presentación das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, acreditativos dos gastos de persoal correspondentes ás actuacións subvencionadas.

Sexto. As entidades locais beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 22 das bases reguladoras (Obrigas das entidades beneficiarias) e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

Sétimo. No artigo 24 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Oitavo. Os períodos de referencia para o desenvolvemento do programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A) e para a imputación dos gastos subvencionables é o seguinte: serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos os dous incluídos.

Noveno. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 4.6.2024). María Quintiana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade.

ANEXO I

Concesións

Núm. expediente

Entidade (orde puntuación)

NIF

Nome da medida

Gasto elixible (€)*

Puntuación

Importe (€)

SI436A-2024-00000176-00

Concello de Valdoviño

P1508800H

Concilia Tempos

47.300,00

40

37.840,00

SI436A-2024-00000024-00

Concello de Vilamarín

P3208800G

Programa Pica pau 2024

16.483,50

39

13.186,80

SI436A-2024-00000154-00

Concello de Paradela

P2704200A

Programa Corresponsables en Paradela: axuda á conciliación de familias con menores a cargo

9.160,56

39

7.328,45

SI436A-2024-00000091-00

Concello de Agolada

P3602000F

Plan Corresponsables concello de Agolada

26.840,00

39

21.472,00

SI436A-2024-00000072-00

Concello de Viana do Bolo

P3208700I

Medidas municipais de conciliación

25.523,78

39

20.419,02

SI436A-2024-00000012-00

Concello de Leiro

P3204100F

Plan Corresponsables Leiro 2024

22.830,75

39

18.264,60

SI436A-2024-00000191-00

Concello de Xermade

P2702100E

Campamento de verán Xermade concilia 2024

8.364,13

38

6.691,30

SI436A-2024-00000231-00

Concello de San Sadurniño

P1507700A

Aldea de verán

13.702,30

38

10.961,84

SI436A-2024-00000114-00

Concello de Dumbría

P1503400B

Dumbría concilia

32.811,24

38

26.248,99

SI436A-2024-00000037-00

Concello de Friol

P2702000G

Plan Corresponsables no ámbito local

15.064,16

38

12.051,33

SI436A-2024-00000035-00

Concello do Vicedo

P2706400E

Ludoteca de verán e programa de madrugadores

10.839,80

38

8.671,84

SI436A-2024-00000041-00

Concello de Ames

P1500200I

Plan Corresponsables

150.000,00

38

120.000,00

SI436A-2024-00000182-00

Concello de Ponteareas

P3604200J

Ponteareas concilia programa do Plan Corresponsables

150.000,00

38

120.000,00

SI436A-2024-00000045-00

Concello de Muíños

P3205200C

Ludoverán

7.920,00

37

6.336,00

SI436A-2024-00000226-00

Concello da Illa de Arousa

P8600004I

Programa Revoltas

9.075,00

37

7.260,00

SI436A-2024-00000185-00

Concello de Chandrexa de Queixa

P3203000I

Programa Plan Corresponsables no ámbito local

3.962,11

37

3.169,69

SI436A-2024-00000150-00

Concello de Esgos

P3203200E

Esgos concilia 2024

8.602,44

37

6.881,95

SI436A-2024-00000216-00

Concello de Arzúa

P1500600J

Xogarzúa

28.725,31

37

22.980,25

SI436A-2024-00000223-00

Concello de Outes

P1506300A

Programa Outes concilia

25.637,83

37

20.510,26

SI436A-2024-00000148-00

Concello da Guarda

P3602300J

Campamentos conciliaguarda no verán, Semana Santa e Nadal

18.073,00

37

14.458,40

SI436A-2024-00000018-00

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

Campamentos urbanos de conciliación

38.315,82

37

30.652,66

SI436A-2024-00000210-00

Concello de Ordes

P1506000G

Ordes corresponsable

132.572,70

37

106.058,16

(*) Custos directos de persoal máis un 10 % e menos os ingresos percibidos que non se reverten no propio plan, de ser o caso, cun máximo de 150.000,00 € cando se trate dunha solicitude individual e de 225.000,00 € cando se trate dunha solicitude de xestión compartida ou dunha entidade resultante da fusión de concellos.