DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO do 2 de xullo de 2024 do procedemento de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa, coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como a retirada de especies arbóreas ás cales se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das anteditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo piso do edificio do concello, praza do alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Nº de expediente

Referencia catastral

Localización

2024/I004/000049

15036A021006520000YU

15036A021006500000YS

15036A021006490000YU

Romariz (Barallobre-Fene)

Fene, 2 de xullo de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde