No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Leiro, derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 26 de decembro de 2022, aprobáronse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras dos procesos selectivos que se sinalan a continuación:
Persoal funcionario:
Denominación da praza |
Número de prazas |
Tipo de xornada |
Arquitecto |
1 |
Parcial |
Persoal laboral:
Denominación da praza |
Número de prazas |
Tipo de xornada |
AEDL |
1 |
Completa |
Porteiro encargado de servizos varios |
1 |
Completa |
Axente TIC da Aula Cemit |
1 |
Parcial |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Leiro, 11 de xullo de 2024
Francisco José Fernández Pérez
Alcalde