DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42639

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 167/2024, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlles a súa máis alta distinción ás persoas que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla de Ouro de Galicia a:

– Luis López Tosar.

– María Ignacia Ceballos González-Llanos.

– Academia Galega do Audiovisual.

Santiago de Compostela, quince de xullo de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes