DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42011

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e se lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, co apercibimento de que, no caso de persistencia no incumprimento, pasado este prazo o Concello poderá impor multas coercitivas reiteradas cada tres meses, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos:

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a DNI

2023/X999/000257

15065A005001400000JO

Decreto 395/2023, do 28 de setembro

Manuel Ramos Seijas

2023/X999/000257

15065A005001270000JG

Decreto 395/2023, do 28 de setembro

En investigación

2023/X999/000219

002502000NH69G0001GS

Decreto 239/2023, do 23 de xuño

José Moreira Amor

2023/X999/000219

15065A005012590000JQ

Decreto 239/2023, do 23 de xuño

Amparo Quiroga Quiroga

2019/X999/000403

15065A003001280000JJ

Decreto 199/2024, do 24 de abril

En investigación

Paderne, 20 de xuño de 2024

Sergio Platas Casal
Alcalde