DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42010

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a catro (4) prazas de técnico/a da Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, publicouse unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 134, do 13 de xuño de 2023, publicouse resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

– Catro (4) prazas de técnico/a da Administración xeral; escala: Administración xeral; subescala: técnica; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 125, do 31 de maio de 2024, publicouse unha modificación da convocatoria e das bases específicas que rexerán o dito proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 7 de xuño de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 464/2024, do 19 de xaneiro
modificado polo Decreto 4036/2024, do 30 de abril)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área de
Xestión Integral de Recursos Internos