DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42012

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en procedementos de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante os decretos de Alcaldía que se achegan no cadro adxunto, acordouse ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas, consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas nel.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1º deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, poñendo en coñecemento do/da interesado/a que o contido íntegro do mencionado decreto está á súa disposición na Secretaría do Concello de Paderne, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida e o/a interesado/a poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. b) Recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a DNI

2022/X999/000170

15065A008001230000JQ

Decreto 168/2024, do 9 de abril

Descoñecido/a

2022/X999/000170

15065A008001160000JA

Decreto 169/2024, do 9 de abril

José Carballal Amado

Paderne, 20 de xuño de 2024

Sergio Platas Casal
Alcalde