DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de requirimento de deberes de conservación das parcelas urbanas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, notifícanselles por medio deste anuncio no BOE, no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Cenlle, aos interesados que resultan descoñecidos, dos cales se ignora o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación persoal, non se puido efectuar, as resolucións dos procedementos que se citan a continuación:

Nº expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

Custos da execución subsidiaria

272/2023

Serafina Villar Iglesias

32026A014001360000TZ

690,00 €

120/2023

Mercedes Alberte Pousa

32026A014005800000TX

276,00 €

Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á limpeza na parcela indicada, de conformidade cos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

De non efectuarse os mencionados traballos no prazo fixado, poderase proceder á execución forzosa mediante execución subsidiaria con repercusión dos custos que se ocasionen (artigos 99, 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Conforme o establecido nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ou non sexa posible a notificación os interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo, a notificación enténdese producida.

O texto íntegro do documento e o resto de trámites do expediente poderanse consultar, por comparecencia da persoa interesada, no Departamento de Secretaría do Concello de Cenlle para o seu coñecemento.

Cenlle, 21 de xuño de 2024

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa