DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do polígono Q28.1, roIda de Outeiro, 38, A Coruña (expediente 631/2022/171).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o 6 de xuño de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle do POL Q28.1 para o reaxuste de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes na rolda de Outeiro, 38, A Coruña (maio de 2024), redactado polos arquitectos Gustavo Díaz García e Lucas Díaz Sierra (colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) cos números 12.087 e 2.499, respectivamente) e promovido pola Fundación Juana de Vega.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificarlles este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 3 de xullo de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda