DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de cambio de sistema de polígono de solo urbano non consolidado do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (expediente 2023/U038/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2024, acordou aprobar definitivamente o cambio de sistema de compensación a cooperación da unidade de actuación do polígono de solo urbano non consolidado UU-R6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo, segundo os informes xurídicos que constan no expediente.

Faise público este acordo, ao abeiro do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do regulamento desta lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

Carballo, 13 de xuño de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde