DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso da parcela con referencia catastral 6379010NG2967N0001JT, cualificada como equipamento educativo para sistema xeral de equipamento público destinado a servizo asistencial ou sanitario.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 30 de abril de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Realizar a aprobación do cambio de uso da parcela con referencia catastral 6379010NG2967N0001JT, cualificada como equipamento educativo para equipamento- outros, sistema xeral de equipamento público destinado a servizo asistencial ou sanitario.

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e solicitar a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Terceiro. remitir o acordo á Consellería de Sanidade, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e aos departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal a través da sede electrónica municipal no enderezo https://concellopoio.sedelectronica.gal/info.0. e no taboleiro electrónico de anuncios deste concello.

O presente acordo ten carácter de disposición administrativa de carácter xeral e procede contra el recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Poio, 7 de xuño de 2024

Ángel Moldes Martínez
Alcalde