DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para cubrir varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 107, do 4 de xuño de 2024, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover:

Unha (1) praza de tractorista, persoal laboral fixo (grupo laboral V) en propiedade e mediante o sistema de oposición libre.

Unha (1) praza de arquitecto técnico (funcionario de carreira), subescala especial técnica, grupo A2, en propiedade e mediante o sistema de oposición libre.

Dúas (2) prazas de auxiliar administrativo (funcionarios de carreira), escala de Administración xeral, subescala administración, grupo C2, en propiedade e mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a este convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Pino, 17 de xuño de 2024

Manuel Taboada Vigo
Alcalde