DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baños de Molgas

ANUNCIO da convocatoria para cubrir catro prazas de auxiliar de axuda no fogar.

Mediante o Acordo de Xunta de Goberno Local do 31 de maio de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir catro prazas de auxiliar de axuda no fogar deste concello, por medio do sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 116, do 17 de xuño de 2024, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, para ocupar as prazas vacantes obxecto da convocatoria cuxas características son:

Denominación

Auxiliar de axuda a domicilio

Nº de vacantes

4

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (enderezo https:// www.concellodemolgas.gal) e, de ser o caso, no taboleio de anuncios, para maior difusión.

Baños de Molgas, 18 de xuño de 2024

Manuel Ángel Fernández Movilla
Alcalde