DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de modificación puntual das ordenanzas da edificación e usos do solo do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Poio, na sesión do 26 de marzo de 2024, adoptou o acordo 5231 polo que se realizaba a aprobación inicial do proxecto de modificación puntual das ordenanzas da edificación e usos do solo do Plan xeral de ordenación municipal, redactado por A.D. Plan, S.L.P., de marzo de 2024, e a súa tramitación por razóns de interese público. Igualmente, mediante o Acordo número 5241, do Pleno, na sesión de 30 de abril de 2024 adoptáronse, entre outras, as seguintes aclaracións:

Primeiro. Que o documento aprobado inicialmente é o que posúe rexistro de entrada 2024-E-RE-841.

Segundo. Que se recolla no citado documento que o parámetro de fronte mínima de parcela nas ordenanzas 5 e 6 é de 6 m.

Terceiro. Que se inclúa como parte da documentación tramitada o anexo de estudo económico presentado o 20 de marzo de 2024 en contestación ao informe da interventora municipal.

Polo tanto, sométese a información pública o expediente mediante anuncios que se publicarán nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia e no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

Poio, 13 de xuño de 2024

Ángel Moldes Martínez
Alcalde