DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40818

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE de 25 de xuño de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado Fesán, de Santiago de Compostela (A Coruña).

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Fesán, de Santiago de Compostela, solicita a ampliación do número de postos escolares de 20 a 30 no ciclo formativo de grao superior (CS) Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear. Así mesmo, solicita autorización para impartir na modalidade presencial o CS Documentación sanitaria, o CS Hixiene bucodental e o CS Márketing e publicidade; e na modalidade semipresencial e/ou a distancia, o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados auxiliares de enfermaría e o CM Farmacia e parafarmacia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e ampliar o número de postos escolares de 20 a 30 no CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear; autorizar na modalidade presencial o CS Documentación sanitaria, o CS Hixiene bucodental e o CS Márketing e publicidade; e na modalidade semipresencial e/ou a distancia o CM Coidados auxiliares de enfermaría e o CM Farmacia e parafarmacia. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Fesán.

Código: 15032364.

Enderezo: rúa de Amio, 114, Parque Empresarial Costa Vella.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación de Estudios e Análises (Fesán).

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Documentación sanitaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Hixiene bucodental (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Laboratorio clínico e biomédico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Radioterapia e dosimetría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime de persoas adultas:

• CM Coidados auxiliares de enfermaría.

• CM Farmacia e parafarmacia.

• CS Educación infantil.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional