DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40816

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 1 de xullo de 2024 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

En desenvolvemento da disposición adicional quinta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 142/2016, do 22 de setembro (DOG nº 212, do 8 de novembro), polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O artigo 10 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, crea o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da axencia integrado pola Presidencia, Vicepresidencia e sete vogais, xunto cunha secretaría.

O 14 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esa estrutura desenvólvese mediante o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das distintas consellerías da Xunta de Galicia, e o 27 de maio de 2024 publicáronse no Diario Oficial de Galicia os distintos decretos de estrutura orgánica das consellerías que teñen presenza no Consello Reitor. Como consecuencia destes cambios, é preciso actualizar os membros do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

En virtude do anterior, unha vez feita a proposta por parte das respectivas persoas titulares das consellerías correspondentes, e de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 13 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

DISPOÑO:

a) Cesar como vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a:

– María Sagrario Pérez Castellanos e María Encarnación Rivas Díaz, en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Jorge Atán Castro, en representación da Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Patricia Argerey Vilar, en representación da Consellería de Economía Industria e Innovación.

b) Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a:

– Paula Uría Traba e María Sol Díaz Mouteira, en representación da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

– José María Barreiro Díaz, en representación da Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Nicolás Vázquez Iglesias, en representación da Consellería de Economía e Industria.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria