DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40833

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PE205I).

O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, e o Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004 (en diante, Regulamento FEMPA), constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2021-2027.

O Regulamento FEMPA establece as medidas financeiras da Unión Europea para a aplicación da política pesqueira común (PPC), a política marítima da Unión Europea e os compromisos internacionais da Unión Europea no ámbito da gobernanza dos océanos. Este financiamento constitúe un instrumento fundamental para a pesca sustentable e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, para a seguridade alimentaria, mediante a subministración de peixe e marisco, para o crecemento dunha economía azul sustentable e para uns mares e océanos sans, protexidos, seguros, limpos e xestionados de maneira sustentable. Por outra banda, a Estratexia galega da acuicultura (ESGA) é o documento de articulación que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola cun horizonte situado no ano 2030. A ESGA establece as liñas de acción no territorio galego que se pretenden desenvolver na acuicultura, en consonancia coas disposicións do Plan estratéxico plurianual da acuicultura española.

Para iso establece unha serie de prioridades co obxecto de contribuír á aplicación da PPC e da política marítima da Unión Europea. Concretamente, recolle como prioridade 2 «Fomentar as actividades sustentables de acuicultura, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión».

O capítulo III do título II do Regulamento FEMPA recolle o apoio financeiro para dar cumprimento á referida prioridade 2, contribuíndo con iso ao logro de obxectivos específicos tales como promover actividades acuícolas sustentables, especialmente reforzando a competitividade da produción acuícola, garantindo ao mesmo tempo que as actividades sexan ambientalmente sustentables a longo prazo e polo que poderá prestar apoio á promoción das actividades de acuicultura que sexan coherentes cos obxectivos da Contribución de España ás directrices de desenvolvemento sustentable da acuicultura mariña e continental da UE (2021-2030) e coa Estratexia galega de acuicultura.

A ESGA é o documento de articulación que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola cun horizonte situado no ano 2030 e establece as liñas de acción no territorio galego que se pretenden desenvolver na acuicultura, en consonancia coas disposicións do Plan estratéxico plurianual da acuicultura española.

Estas axudas recollidas entre os obxectivos específicos definidos no Regulamento FEMPA foron incluídas no Programa operativo para España para o período 2021-2027, aprobado pola Decisión de execución da Comisión CCI2021ES14MFPR001, do 29 de novembro de 2022.

O 8 de abril de 2022 o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais, e pola outra reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e actuacións que se desenvolverán integrados nos correspondentes programas.

Neste contexto, o primeiro reto da RIS3 consiste en desenvolver un modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación, modernizando os sectores tradicionais galegos. En relación con este reto, unha prioridade é avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais e patrimoniais de Galicia e a diversificación cara a produtos sustentables, competitivos e que melloren o benestar das persoas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas.

En consecuencia, estas axudas enmárcanse na RIS3 de Galicia 2021-2027, respondendo ao reto 1 (Modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación) e á prioridade 1 (Sustentabilidade). Teñen como obxectivo estratéxico equilibrar a excelencia na investigación e a súa aplicabilidade no mercado (obxectivo estratéxico 2), integrándose polo tanto no programa Innova e emprende.

Ante este novo marco comunitario, cómpre publicar as bases reguladoras que establezan o procedemento para a concesión de determinadas axudas ao abeiro da normativa antes citada e, ao mesmo tempo, realizar a convocatoria destas axudas para o ano 2024, coa finalidade de fomentar a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura para afrontar os retos económicos, sociais e ambientais actuais e futuros.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde, con código de procedemento PE205I, ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á realización de proxectos que teñan como obxecto:

a) Desenvolver coñecementos técnicos, científicos ou organizativos na explotacións acuícolas que, en particular: reduzan o impacto no ambiente, avalíen o impacto e a adaptación ao cambio climático, melloren o aproveitamento do espazo e a optimización da alimentación e a nutrición; impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura; optimicen os procesos, os recursos e o aproveitamento dos residuos a través da economía circular; melloren a sanidade e o benestar dos animais; melloren a seguridade alimentaria; faciliten novos métodos de produción sustentable; incorporen melloras nas especies (xenéticas e fisiolóxicas); melloren a rastrexabilidade.

b) Desenvolver ou introducir no mercado: novas especies acuícolas con bo potencial de mercado; produtos novos ou substancialmente perfeccionados; procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización das explotacións novos ou perfeccionados.

c) Estudar a viabilidade técnica ou económica de produtos, ou procesos e servizos innovadores, e que acheguen coñecementos no ámbito económico ou sociolóxico.

Artigo 2. Marco normativo

Para o non establecido nestas bases, aplicarase o previsto nas seguintes normas:

– Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados.

– Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.

– Programa FEMPA, aprobado pola Decisión da Comisión de aprobación do Programa FEMPA en España (CCI 2021ES14MFPR001) o 29 de novembro de 2022.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión Europea, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1296/2013, (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013, (UE) 1304/2013, (UE) 1309/2013, (UE) 1316/2013, (UE) 223/2014, e (UE) 283/2014, e a Decisión 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) 966/2012.

– Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas súas posteriores modificacións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Calquera outra norma da Unión Europea, normativa nacional ou autonómica vixente que poida resultar de aplicación.

Artigo 3. Crédito orzamentario

1. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2021-2027) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2029, segundo dispón o artigo 63, número 2, do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

2. O importe fixado nesta convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto, respectando o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. En todo caso, o incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMPA nun 70 % e do Estado membro (Comunidade Autónoma de Galicia) nun 30 %.

5. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

6. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria que figura no cadro que se insire dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2024. O importe máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderá á seguinte contía:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

46.02.723A.770.3

2023 00189

428.571,00 €

400.000,00 €

828.571,00 €

Artigo 4. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas e as súas entidades asociativas con ámbito de actuación local ou autonómico, legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro, que desenvolvan proxectos de innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos recoñecidos polo Estado ou pola la Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos desta orde considérase empresa acuícola ás persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os que teñan carácter experimental.

Os proxectos deben ser levados a cabo en colaboración cun organismo científico ou técnico recoñecido que actuará como entidade subcontratada. Para os efectos, terán esta consideración:

a) Os incluídos nun rexistro creado, de acordo co Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, e as posteriores modificacións que poidan producirse.

b) Os organismos das comunidades autónomas recoñecidos como tales pola normativa autonómica.

c) Os organismos públicos de investigación.

d) As universidades públicas e privadas.

e) Outras entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i.

Neste sentido, consideraranse como OPI os organismos definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, é dicir, os creados para a execución directa de actividades de investigación científica e técnica, de actividades de prestación de servizos tecnolóxicos, e daqueloutras actividades de carácter complementario, necesarias para o adecuado progreso científico e tecnolóxico da sociedade, que lles sexan atribuídas pola devandita lei ou polas súas normas de creación e funcionamento.

Teñen a condición de organismos públicos de investigación da Administración xeral do Estado, de acordo con o citado precepto: a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), o Centro de Investigacións Enerxéticas Ambientais e Tecnolóxicas (Ciemat), e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), sen prexuízo da súa propia natureza consorcial.

Así mesmo, consideraranse OPI os organismos recoñecidos como tal pola normativa propia das comunidades autónomas.

Artigo 5. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non concorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non encontrarse nalgún dos supostos establecidos no número 1, letras a), b) e c), e no número 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:

– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo no marco da PPC.

– Estar ou ter estado nos últimos 24 meses involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada), ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

– Ter cometido algún dos delitos ambientais establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo e do Consello. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometera un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarada culpable de cometer fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.

d) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.

e) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo o proxecto ou ter presentadas as solicitudes destas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.

As actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á avaliación previa de impacto ambiental ordinaria ou simplificada (artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e artigo 33 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia), deberán contar, no prazo de xustificación do pagamento da derradeira anualidade, coa declaración de impacto ambiental ou o informe de impacto ambiental, así como coa autorización do seu órgano substantivo, incorporando as súas determinacións e condicións.

f) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Ter capacidade administrativa financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

h) Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar e cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de persoa beneficiaria. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor, no caso de falta de pagamento.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

a. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) seguinte e con suxeición á súa regulación.

b. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, presentarase «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Para os efectos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición final sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de se-tembro, de creación e crecemento de empresas.

i) No caso de que as persoas titulares do establecemento de acuicultura obxecto da axuda sexan unha pluralidade de persoas, aquelas que declaren un 0 % de participación no anexo V deberán cumprir os requisitos sinalados nas letras a), b), c) e f).

As posibles persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura, tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Axustar os custos subvencionables do proxecto ao valor de mercado.

c) No caso de axudas concedidas a bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe da subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.

d) En caso de investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, a persoa beneficiaria deberá, durante os cinco anos seguintes á data do pagamento final da axuda:

– Non cesar nin transferir a actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Non cambiar a propiedade de ningún elemento da infraestrutura, de forma que lle proporcione unha vantaxe indebida.

– Non producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou ás condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumpriran os requisitos, segundo o disposto no artigo 65 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano da data contable do último pagamento ás persoas beneficiarias, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.

g) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

h) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

i) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

j) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do FEMPA:

1. Cando as persoas beneficiarias dispoñan dun sitio web e de contas en medios sociais, farán unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacarán a axuda financeira da Unión Europea.

2. En documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da operación, destinados ao público ou aos participantes, proporcionarán unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible.

3. Exhibirán placas ou valos publicitarios resistentes, nun lugar ben visible para o público, en que figure o emblema da Unión Europea, tan axiña como comece a execución física de operacións que impliquen investimentos físicos ou se instalen os equipamentos que se adquiriron, con respecto a operacións cuxo custo total sexa superior a 100.000,00 euros.

4. Para as operacións que non se inclúan no número 3, exhibirán, nun lugar ben visible para o público, polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación onde se destaque a axuda dos fondos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, a devandita persoa beneficiaria asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

5. Para as operacións de importancia estratéxica e as operacións cuxo custo total sexa superior a 10.000.000,00 de euros, organizarase unha actividade ou acto de comunicación, segundo conveña, e farase participar a Comisión e a autoridade de xestión responsable no seu momento oportuno.

En calquera actuación incluirase, así mesmo, o logotipo da Xunta de Galicia.

A utilización do emblema da Unión Europea realizarase conforme o disposto no artigo 47 e no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

O incumprimento das obrigas da persoa beneficiaria, ademais da mala utilización do emblema da UE, sen a adopción de medidas correctoras, fará que se poida cancelar ata un máximo do 3 % da axuda do FEMPA á operación.

k) Non incorrer, durante o período comprendido entre a presentación da solicitude da axuda e os cinco anos seguintes á data do pagamento final desta, nalgunha das situacións a que fai referencia o artigo 11.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo.

Se calquera das situacións a que se fai referencia no número 1 do artigo 11 do Regulamento FEMPA se produce durante o período comprendido entre a presentación da solicitude de axuda e os cinco anos seguintes á data do pagamento final, a/as persoa/s beneficiaria/s deberá/n reintegrar total ou parcialmente o importe da axuda, de conformidade co establecido no artigo 44 do devandito regulamento e no artigo 103 do Regulamento (UE) 2021/1060.

l) Se a realización do proxecto comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.

m) Respectar a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea. Ter en conta a promoción e a igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación. Evitar calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e ter en conta a accesibilidade para as persoas con discapacidade, de ser o caso.

n) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración da convocatoria no marco da avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 ou doutros mecanismos relacionados coa medición da I+D+i.

Unha vez realizado o pagamento da axuda, a Subdirección Xeral de Acuicultura requirirá á persoa ou persoas beneficiarias a correspondente documentación para os efectos de comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nas letras c) e g).

Artigo 7. Importe máximo subvencionable e intensidade da axuda

1. As axudas reguladas nesta orde teñen carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

2. A contía das axudas será establecida segundo o indicado no artigo 41 e no anexo III do Regulamento FEMPA:

Tipo de solicitante

Intensidade axuda xeral

Excepcións: operacións que cumpran todos os seguintes criterios:

– Ser de interese colectivo.

– Ter un beneficiario colectivo.

– Ter características innovadoras ou que garantan o acceso do público aos seus resultados.

Pemes

60 %

100 %

Grandes empresas

50 %

100 %

Asociacións de empresas acuícolas

50 %

100 %

3. Terase en conta a definición de peme da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, segundo a cal son microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), as empresas con menos de 250 empregados e cun volume de negocios anual igual ou inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral anual igual ou inferior a 43 millóns de euros.

As empresas deberán cumprir os criterios de independencia, segundo o indicado na mencionada recomendación. Así mesmo, para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado nela.

4. Entenderase como «beneficiario colectivo» a referencia a unha organización recoñecida que representa os intereses dos seus membros, dun grupo de persoas interesadas, ou do público en xeral. As accións levadas a cabo por asociacións de empresas acuícolas requirirá o «interese colectivo» dos seus membros, dun grupo de persoas interesadas ou do público en xeral; é dicir, tales accións deben abranguer máis que a suma dos intereses individuais dos membros deste colectivo beneficiario. En particular, débese garantir que a persoa beneficiaria é a organización colectiva en si e non os seus membros.

5. O importe do gasto total subvencionable será o que se obteña da valoración dos custos do proxecto con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes técnicos emitidos.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

Os gastos cofinanciados por esta orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 41 do Regulamento FEMPA.

Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada persoa beneficiaria supere os límites que se indican no punto anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se conceda.

Artigo 9. Proxectos obxecto de subvención

1. As axudas obxecto desta orde están destinadas á realización de proxectos que teñan por obxecto:

a) Desenvolver coñecementos técnicos, científicos ou organizativos na explotacións acuícolas que, en particular: reduzan o impacto no ambiente, avalíen o impacto e a adaptación ao cambio climático, melloren o aproveitamento do espazo e a optimización da alimentación e a nutrición; impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura; optimicen os procesos, os recursos e o aproveitamento dos residuos a través da economía circular; melloren a sanidade e o benestar dos animais; melloren a seguridade alimentaria; faciliten novos métodos de produción sustentable; incorporen melloras nas especies (xenéticas e fisiolóxicas); melloren a rastrexabilidade.

b) Desenvolver ou introducir no mercado: novas especies acuícolas con bo potencial de mercado; produtos novos ou substancialmente perfeccionados; procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización das explotacións novos ou perfeccionados.

c) Estudar a viabilidade técnica ou económica de produtos, ou procesos e servizos innovadores, e que acheguen coñecementos no ámbito económico ou sociolóxico.

Os proxectos que se presenten deberán incluír actividades de investigación e desenvolvemento experimental, para a creación ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto, servizo ou sistema de xestión ou organizativo. Os proxectos deberán demostrar un aspecto tecnolóxico, proceso ou técnica diferencial ás existentes no mercado.

O Estado dará a publicidade adecuada aos resultados das operacións que reciban axuda.

Apoiarase, cando cumpra, que os conxuntos de datos resultantes se dispoñan en formato aberto, de acordo coa Directiva (UE) 2019/1024, como conxuntos de gran valor, é dicir:

– Dispoñibles gratuitamente;

– lexibles por máquina;

– a través de interfaces de programación de aplicacións;

– en forma de descarga masiva.

As operacións financiadas neste tipo de actividade formarán parte das operacións destacadas da estratexia de comunicación común dos fondos e, por tanto, proporcionarase a información necesaria á autoridade de xestión e cubriranse os indicadores correspondentes para o seguimento destas iniciativas.

Artigo 10. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concedidos.

2. Os proxectos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes da data de presentación da solicitude.

3. Para a anualidade 2024 só se admitirán aqueles gastos que fosen efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude e a data límite de xustificación da primeira anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou na súa modificación, de ser o caso.

Para a anualidade 2025 admitiranse os gastos efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude e a data límite de xustificación da segunda anualidade.

4. En todo caso, deberá respectarse que o gasto sexa aboado nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en cumprimento do establecido no artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. A elixibilidade das operacións basearase no documento Criterios de selección para a concesión das axudas no marco do Programa nacional do FEMPA, que a autoridade de xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura someteu á aprobación do Comité de Seguimento.

6. Os gastos subvencionables realmente efectuados pola persoa beneficiaria axustaranse aos seguintes criterios:

a) Que se efectuasen ao longo da duración da acción ou do programa de traballo, con excepción dos custos relativos a informes finais e certificados de auditoría.

b) Que se consignasen no orzamento estimado total da acción ou do programa de traballo.

c) Que sexan necesarios para a execución da acción ou do programa de traballo obxecto da subvención.

d) Que sexan identificables e verificables, en particular que consten na contabilidade da persoa beneficiaria, e se determinasen de acordo coas normas contables aplicables do país en que a persoa beneficiaria estea establecida, e de conformidade coas prácticas contables habituais en materia de gastos.

e) Que cumpran o disposto na lexislación fiscal e social aplicable.

f) Que sexan razoables e xustificados, e cumpran co principio de boa xestión financeira, en especial no referente á economía e á eficiencia.

7. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes conceptos:

a) Persoal:

1º. Custos de persoal propio da empresa ou entidade asociativa solicitante (persoal investigador, técnico e demais persoal auxiliar que realice actividades de investigación) no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento do proxecto e polo importe do salario bruto correspondente máis a Seguridade Social a cargo da empresa ou entidade asociativa. Non serán subvencionables os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do proxecto. O persoal deberá ter relación contractual laboral coa empresa beneficiaria da subvención ou ser socio/administrador da empresa ou entidade asociativa que traballe baixo o réxime de autónomo.

O custo de persoal propio será como máximo o 40 % do custo subvencionable total do proxecto.

2º. Persoal contratado pola persoa beneficiaria, exclusivamente para a realización do proxecto: ata un 100 % do salario bruto que se percibirá. A contratación deste persoal será acorde coa súa titulación. A retribución bruta do persoal contratado non poderá ser superior ao importe vixente, no ano de contratación, correspondente ao grupo de titulación segundo o V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Os mencionados importes figuran no anexo XV.

b) Gastos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

Se o equipamento e material se dedican exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao rematar o período de execución, será subvencionable o custo de adquisición.

Se o equipamento e material non se utilizan exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto. A cota de amortización calcularase segundo o disposto no artigo 12.1.a) da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, e no Real decreto 634/2015, do 10 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sociedades. O método de cálculo incluirase na proposta. Non se financiarán os custos de amortización de aparellos e equipamentos que se adquiriron con axuda doutras subvencións públicas.

As novas licenzas e as renovacións de licenzas de software están dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

c) Gastos de materiais, subministracións e produtos similares exclusivamente destinados ás actividades de investigación. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

d) Custos de subcontratación cos organismos definidos no artigo 4 desta orde, nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A persoa beneficiaria poderá subcontratar, como máximo, ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

O contrato entre a persoa solicitante e o organismo subcontratado deberá ser autorizado pola Consellería do Mar. En caso de concesión da axuda e para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 27.3 da citada Lei 9/2007, este contrato entenderase autorizado pola Consellería do Mar desde a data de inicio da súa execución, sempre que esta sexa posterior á de entrega da solicitude do proxecto.

En ningún caso a persoa beneficiaria poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

1. Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

3. Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

4. Persoas ou entidades vinculadas coa persoa beneficiaria, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se obteña a autorización previa do órgano concedente, nos termos que se fixen nas bases reguladoras.

5. Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

e) Os custos de servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación.

f) O gasto derivado da elaboración da certificación ou «informe de procedementos acordados» dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), no caso de subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, nas cales non sexa posible presentar conta de perdas e ganancias abreviada.

Artigo 11. Gastos non subvencionables

1. En todo caso, non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) As modificacións ou melloras menores.

b) As melloras non substanciais de procedementos habituais ou rutineiros. É necesario que o proxecto teña un carácter innovador.

c) Os cambios estacionais regulares.

d) A adaptación ás necesidades dun cliente específico que non presenta características significativamente diferentes dos produtos fabricados para outros clientes.

e) Os cambios de deseño que non modifican a función ou as características técnicas dun ben/servizo.

f) Os sistemas de fabricación ou loxísticos similares aos xa en uso.

g) Os cambios no deseño, envasado, colocación dun produto, promoción, tarificación dun produto baseados en métodos de comercialización que xa fosen utilizados pola empresa.

h) A utilización de métodos de comercialización xa aplicados para introducirse nun novo mercado xeográfico ou nun novo segmento de mercado.

i) Os cambios de prácticas comerciais, a organización do lugar de traballo ou relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa en uso.

j) Os cambios de estratexia de xestión, salvo se se acompañan da introdución dun novo método de organización.

k) As fusións ou adquisicións de empresas.

l) O ensino e formación cando non sexa imprescindible para a introdución dunha innovación.

m) A xestión e outras actividades de apoio, cando se refiran soamente ao financiamento da innovación ou se trate de actividades de apoio directas, tales como transporte, almacenamento, limpeza, reparación, conservación e seguridade ou actividades meramente administrativas como as relativas a orzamento e persoal.

n) A transferencia da propiedade dunha empresa.

ñ) O mobiliario de oficina, de salas de conferencias e de catas, consumibles e equipamento informático ou similar.

o) Os elementos de transporte que non estean directamente relacionados coa operación ou proxecto obxecto da subvención.

p) Outros custos relacionados co contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros non serán subvencionables. Os investimentos aprobados inicialmente como compra non poderán ser imputados como gastos de leasing ou viceversa, salvo que o dito cambio sexa solicitado e aprobado polo órgano concedente.

q) As adquisicións de bens inmobles, maquinarias, instalacións e equipamentos de segundo uso.

r) A adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencia bancaria ou aqueles pagados mediante préstamos de entidades provedoras.

s) O imposto sobre o valor engadido (IVE), cando sexa recuperable.

t) Outros impostos recuperables.

u) Os custos dos servizos veterinarios oficiais.

v) O ensino e formación de persoal que interveña no proxecto, salvo que se contrate expresamente con ese fin.

w) Os trámites sobre normalización do proxecto subvencionado.

x) Os trámites para a adquisición de patentes.

y) A participación en congresos/xornadas ou similares de carácter científico.

z) Os trámites para a publicación en revistas científicas.

aa) A recollida de datos que non sexa exclusiva para a consecución dos fins do proxecto.

ab) As actividades rutineiras de software (mantemento).

ac) Os gastos que ten que satisfacer a persoa solicitante ante os organismos pertinentes para a autorización, realización e legalización dos investimentos solicitados.

ad) Calquera gasto que, de acordo coa normativa aplicable, resulte ser non subvencionable.

Artigo 12. Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 13. Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 14. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

– Anexo II. Datos do proxecto.

– Anexo III. Orzamento do proxecto.

– Anexo IV. Declaracións do organismo científico ou técnico que colabora na realización do proxecto.

– Anexo V. Pluralidade de persoas solicitantes, de ser o caso.

– Anexo VI. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, de ser o caso.

– Anexo VII.1. Declaración relativa á condición de peme (só cando a persoa solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas).

– Anexo VII.2. Declaración relativa á condición de peme (só no caso de persoas xurídicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica).

– Anexo VII.3. Declaración relativa á condición de peme (só para as persoas físicas relacionadas no número 2 do anexo VII.2 que cumpran o requisito específico).

– Anexo VIII. Declaración responsable de aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.

– Anexo IX. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, de ser o caso.

2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante:

2.1.1. Para persoas xurídicas:

a) Certificación rexistral dos estatutos sociais e da constitución, así como dos representantes legais e apoderados da persoa xurídica, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde.

b) Copia auténtica do poder de representación do representante legal da persoa solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

c) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

d) Certificación do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do exercicio económico 2022, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, incluído informe de auditoría, de ser o caso.

No caso de non ter a obriga de depositar as contas nun rexistro, debe presentar as contas anuais do exercicio económico 2022 aprobadas pola asemblea xeral correspondente, incluído o informe de auditoría, de ser o caso.

e) Imposto de sociedades do exercicio económico 2022 en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, só no caso de que a persoa solicitante declare que é unha micro, pequena ou mediana empresa.

f) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.

g) Certificación do Rexistro Mercantil, ou do rexistro que corresponda, das contas anuais consolidadas do exercicio 2022, tanto se foron depositadas pola persoa solicitante como aquelas contas en que a persoa solicitante estea incluída, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, incluíndo o informe de auditoría do exercicio 2022, de ser o caso. Esta documentación deberá presentarse só no caso de que a persoa solicitante declare que é unha micro, pequena ou mediana empresa.

h) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA.

j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza.

2.1.2. Para persoas físicas:

a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.

b) Declaración da renda dos exercicios 2021 e 2022, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen no anexo V e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar exclusivamente a nome de todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo V unha porcentaxe de participación superior ao 0 %:

a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso, de cada persoa solicitante.

b) Declaración da renda dos exercicios 2021 e 2022, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada persoa solicitante.

c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde, de cada persoa solicitante.

d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado, de cada persoa solicitante.

2.2. Memoria técnica do proxecto, realizada segundo o índice que se inclúe como anexo XVI, asinada pola persoa solicitante e pola persoa representante do organismo científico-técnico subcontratado.

2.3. Plan de financiamento do proxecto:

a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando, para cada anualidade, o importe que se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.

b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

• Recursos propios:

– Certificados bancarios emitidos con posterioridade á data de publicación desta orde, nun modelo oficial da entidade, debidamente asinados e selados ou asinados electronicamente, das contas da persoa solicitante onde consten o/os seu/s titular/es, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.

Non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias en que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.

– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste, emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde.

– Noutros casos, deberase achegar a documentación financeira correspondente.

• Recursos alleos:

– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.

Non se admitirán préstamos en que figure como prestameira algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán préstamos en que figure como prestameira algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.

– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario emitido con posterioridade á data de publicación desta orde nun modelo oficial da entidade, debidamente asinado e selado ou asinado electronicamente, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

Non se admitirán pólizas de crédito en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán pólizas de crédito en que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.

– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, de ser o caso.

– Noutros casos, deberase achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

2.4. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos para a realización do proxecto.

Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000,00 euros, no caso de execución de obras, ou de 15.000,00 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo VI desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2.5. Seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.

2.6. No caso de que o proxecto inclúa custos para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.

2.7. No caso de que se inclúan custos para maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo, sempre que sexa posible.

2.8. No caso de que se inclúan custos de amortización de equipamento ou material, deberá achegarse informe asinado polo representante legal da empresa ou organización solicitante en que se detalle o método de cálculo utilizado.

2.9. Se a realización do proxecto require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente.

2.10. Se a realización do proxecto require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo as actuacións previstas, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de tela presentado.

Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior as actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á avaliación previa de impacto ambiental ordinaria ou simplificada. Neste caso, a comprobación de que o proxecto conta coa correspondente autorización será realizada polo órgano xestor.

2.11. Certificación bancaria acreditativa de que a titularidade da conta corrente sinalada no anexo I corresponde unicamente á persoa solicitante ou, no caso de pluralidade, exclusivamente a todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo V unha porcentaxe de participación superior ao 0 %.

2.12. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, co fin de comprobar o requisito establecido no artigo 5.h) desta orde:

– Certificación ou «informe de procedementos acordados», emitida/o por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

2.13. Factura da certificación ou do «informe de procedementos acordados» do auditor mencionado no punto anterior. Se o gasto unitario da factura supera os 15.000,00 euros, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes provedores. A elección realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2.14. Contrato asinado co organismo científico ou técnico, cuxa execución pode estar condicionada á aprobación da axuda por parte da Consellería do Mar.

No devandito contrato, o organismo científico ou técnico deberá comprometerse a participar de forma activa no proxecto e a elaborar un informe de validación dos resultados do proxecto no momento da súa finalización. A non participación do organismo ou a non validación dos resultados será motivo de perda do dereito ao cobramento da axuda concedida.

Deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes coa descrición específica das actividades realizadas por cada un deles nel e a súa porcentaxe de dedicación ao proxecto, orzamento total desagregado por conceptos, de ser o caso, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados.

2.15. No caso de que a porcentaxe da subvención solicitada sexa do 100 % deberá achegarse unha memoria en que se xustifique que o proxecto cumpre os seguintes requisitos:

– Ser de interese colectivo;

– Ter un beneficiario colectivo;

– Ter características innovadoras ou que garantan o aceso do público aos seus resultados.

No caso de que o establecemento de acuicultura sexa titularidade dun matrimonio casado en réxime de gananciais, deberá presentarse a documentación correspondente ao número 2.1.3 deste artigo referido á pluralidade de persoas.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Para os efectos de presentación da solicitude, as persoas interesadas poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo IX desta orde.

Artigo 15. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE de cada persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.

d) DNI/NIE da persoa representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.

e) NIF da entidade representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.

f) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

h) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

i) Consulta de estar ao día no pagamento, cada persoa solicitante, das obrigas por reintegro de subvencións, emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).

j) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no pagamento por infraccións da normativa marítimo-pesqueira, emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).

k) Informe sobre sancións graves das persoas solicitantes de axudas cofinanciadas co FEMPA, de conformidade co artigo 11.1.a) do Regulamento FEMPA, emitido polo Servizo Técnico Xurídico da Consellería do Mar, con respecto a cada persoa solicitante.

l) Consulta de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza, con respecto a cada persoa solicitante.

m) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con respecto a cada persoa solicitante.

n) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de inexistencia de antecedentes penais, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

ñ) Consulta de non ter sido declarada culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.

o) Consulta de non estar nin ter estado, cada persoa solicitante, nos últimos 24 meses, involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, obtido do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

p) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de delitos solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

q) Consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.

r) Consulta de resolucións de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto, concedidas pola Xunta de Galicia, de ser o caso, con respecto a cada persoa solicitante.

s) Consulta de concesións de subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.

t) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado do formulario correspondente (anexo I, anexo V ou anexo IX) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Tramitación das solicitudes

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso, o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Os servizos de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica dos departamentos territoriais da Consellería do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistida da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 15 resulta que a persoa solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando os importes parciais nin o total dos investimentos solicitados nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.

Non se considerarán aumento do importe total do investimento as diferenzas ou erros materiais que se poidan producir na documentación presentada.

5. Os expedientes serán remitidos polos departamentos territoriais da Consellería do Mar, xunto cun informe ao respecto, ao Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, que continuará coa tramitación segundo o establecido nesta orde.

6. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, na cal se indicarán as causas que a motivan.

7. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos dos aducidos polas persoas interesadas, daráselles a estas un trámite de audiencia con carácter previo á avaliación dos expedientes pola Comisión de Selección.

8. O Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura continuará coa tramitación establecida nos seguintes artigos, con respecto ás solicitudes que reunisen todos os requisitos e a documentación necesaria.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

Os proxectos que se financien deberán axustarse ao Programa operativo do FEMPA e seren técnica e economicamente viables.

Para a baremación das solicitudes utilizaranse as catro categorías de criterios de selección que se sinalan a seguir, e que se aplicarán para establecer a orde de prelación e a selección dos proxectos:

1. Criterios de selección xerais (30 %).

A aplicación dos criterios xerais de avaliación ten carácter obrigatorio e servirá para determinar se un proxecto é apto/non apto para ser cofinanciado co FEMPA.

As solicitudes de axuda con puntuación menor ou igual a 4 puntos non serán subvencionables por non alcanzaren os criterios mínimos, e consideraranse non aptas para seren cofinanciadas co FEMPA.

Esta epígrafe terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para este criterio será de 10 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

1.1. Contribución á estratexia, á DAFO e ao tipo de actividade do programa (0-6 puntos): unha solicitude debe obter un mínimo de 1 punto en cada un dos seguintes subcriterios. A puntuación mínima para que un proxecto sexa financiable será de 3 puntos e a máxima de 6.

a) Adecuación á estratexia (0-2 puntos): nesta epígrafe comprobarase se o proxecto está previsto na estratexia, de acordo coas liñas descritas no número 1 do Programa do FEMPA, se está incluído na Lista de operacións de importancia estratéxica (apéndice 3, Programa FEMPA):

O proxecto non se axusta á estratexia

0 puntos-excluído

O proxecto axústase á estratexia

1 punto

O proxecto está incluído no Programa nacional de datos básicos do sector pesqueiro (PNDB)

2 puntos

b) Adecuación á DAFO (0-2 puntos): nesta epígrafe revisarase se o proxecto achega, contribúe ou recolle algún dos aspectos da DAFO do tipo de actividade do Programa FEMPA. No caso de que se nomee de maneira expresa unha necesidade da DAFO, poderase outorgar a máxima puntuación.

O proxecto non se axusta á DAFO

0 puntos-excluído

O proxecto axústase á DAFO, pero non se nomea nel

1 punto

O proxecto noméase expresamente no DAFO

2 puntos

c) Adecuación ao tipo de actividade (0-2 puntos): comprobarase que o proxecto estea recollido no tipo de actividade no programa operativo, concretamente, innovación en acuicultura.

O proxecto non se axusta ao tipo de actividade

0 puntos-excluído

O proxecto axústase ao tipo de actividade

1 punto

A actividade noméase expresamente no programa operativo

2 puntos

1.2. Contribución aos indicadores de resultado (0-2 puntos): nesta epígrafe valorarase a achega do proxecto aos indicadores de resultado correspondentes e predefinidos no programa operativo. Para que un proxecto sexa financiado non poderá ter, neste subcriterio, unha puntuación de 0.

a) Outorgarase 1 punto se responde ao indicador de resultado do tipo de actividade:

– CR 14 Innovación posibilitada.

b) Outorgarase 1 punto adicional se responde a un ou máis dos indicadores de resultado diferentes aos do tipo de actividade:

– CR 10 Intervencións que contribúen ao bo estado ambiental, en particular de recuperación e conservación da natureza, protección de ecosistemas, biodiversidade, saúde e benestar animal.

– CR 13 Colaboración entre partes interesadas.

O proxecto non responde a ningún indicador de resultado correspondente ao tipo de actividade

0 puntos-excluído

O proxecto responde ao indicador de resultado correspondente ao tipo de actividade

1 punto

O proxecto responde a outros indicadores de resultado do obxectivo específico, diferentes dos do tipo de actividade

1 punto adicional

O proxecto está incluído no Programa nacional de datos básicos do sector pesqueiro (PNDB)

2 puntos

1.3. Contribución a plans e programas (0-2 puntos): nesta epígrafe avalíase o grao de adecuación do proxecto a plans, políticas e compromisos nacionais e internacionais, así como aqueles plans ou programas autonómicos, rexionais e/ou locais relacionados. Para que un proxecto sexa financiado non poderá ter, neste subcriterio, unha puntuación de 0.

O proxecto non se relaciona con outros plans ou programas

0 puntos-excluído

O proxecto relaciónase cun plan ou programa

1 punto

O proxecto relaciónase con máis dun plan ou programa

2 puntos

2. Criterios horizontais ambientais e sociais (20 %).

Esta epígrafe terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para estes criterios será de 4 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

2.1. Aspectos ambientais (0-2 puntos):

a) Criterios horizontais ambientais (máximo 1 punto):

– Medidas que promovan unha maior eficiencia do uso de recursos naturais, consumo de auga (plans de mellora de xestión e calidade do abastecemento de auga), o valor engadido e a economía circular.

– Contribución a espazos con figuras de protección ou a plans de conservación e/ou recuperación (parque nacional, zona especial conservación, Rede Natura 2000, áreas mariñas protexidas, reservas de interese pesqueiro, etc.) e superficie afectada, así como a afectación positiva e/ou recuperación de especies protexidas, especies vulnerables ou sobreexplotadas ou integradas en plans de xestión, e ao control e erradicación de especies exóticas invasoras.

O proxecto non contribúe a ningún criterio ambiental

0 puntos

O proxecto contribúe polo menos a un criterio ambiental

0,5 puntos

O proxecto contribúe aos 2 criterios ambientais

1 punto

O proxecto está expresamente mencionado nalgún plan, norma ou estratexias indicadas nos criterios ambientais (marcos de acción prioritaria (MAP), plans de xestión da Rede Natura 2000 ou doutros espazos naturais protexidos, plans de conservación de especies protexidas, plans de control e erradicación de especies exóticas, relacionados coas estratexias mariñas etc.)

2 puntos

2.2. Aspectos sociais (0-2 puntos):

a) Criterios horizontais sociais (0-2 puntos):

– Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicarase o seguinte baremo sobre o total de integrantes do equipo investigador da entidade solicitante e do organismo científico ou técnico subcontratado:

A porcentaxe de mulleres é inferior ao 40 %

0 puntos

A porcentaxe de mulleres está entre o 40 % e o 60 %

1 punto

A porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %

2 puntos

3. Criterios de viabilidade técnica e económicos (20 %).

Esta epígrafe terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para estes criterios será de 4 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

3.1. Criterios de viabilidade técnica (0-2 puntos):

a) Grao de innovación do proxecto: proxectos que teñan como finalidade desenvolver ou introducir no mercado produtos novos ou mellorados, procesos novos ou mellorados, sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados, ou estudar a viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos e servizos innovadores, e que acheguen coñecementos no ámbito económico ou sociolóxico (máximo 1 punto):

– Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de produtos ou procesos que foi probada, validada e certificada completamente nunha contorna real e no mesmo sector de actividade da persoa beneficiaria: máximo 0,10 puntos.

– Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de produtos ou procesos que foi probada, validada e certificada completamente nunha contorna real distinta do sector da actividade da persoa beneficiaria: máximo 0,30 puntos.

– Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de produtos ou procesos que non foi probada, validada e certificada completamente nunha contorna real: máximo 0,60 puntos.

b) Calidade, detalle e coherencia da memoria do proxecto, orzamento e cronograma, así como a calidade científico-técnica do proxecto cando sexa pertinente (máximo 1 punto).

– Adecuación da capacidade técnica do equipo de investigación do organismo científico ou técnico subcontratado: máximo 0,40 puntos.

– Calidade da memoria do proxecto (máximo 0,60 puntos):

• Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto: valorarase a adecuación dos obxectivos á finalidade do proxecto, incluído o encaixe das actividades que se van desenvolver nel para favorecer os obxectivos do proxecto en que se enmarca. Teranse en consideración o grao de concreción e claridade expositiva: máximo 0,20 puntos.

• Credibilidade da formulación da proposta: valoraranse o estudo do estado da arte, a existencia de resultados previos que soportan a proposta e a análise dos puntos críticos e factores de risco: máximo 0,20 puntos.

• Capacidade que ten a implementación do proxecto para facilitar a implantación das tecnoloxías seleccionadas, así como o seu desenvolvemento en relación co proxecto en que se inclúe: máximo 0,20 puntos.

3.2. Criterios económicos (0-2 puntos):

a) Financiamento propio do proxecto (FPP): mide a porcentaxe dos fondos propios que se aplican ao investimento que non proveñen nin de axudas públicas nin de financiamento alleo.

FPP (%)=

recursos propios achegados

investimento total

Inferior ao 15 %

0 puntos

Do 15 % ao 30 %

0,50 puntos

Máis do 30 % e menos do 50 %

1 punto

Do 50 % en diante

2 puntos

4. Criterios específicos do tipo de actividade (30 %).

Esta epígrafe terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para este criterio será de 2 puntos:

4.1. Natureza do investimento (0-2 puntos): valorarase o encaixe dos proxectos nas seguintes tipoloxías de actividades:

a) Desenvolver coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas que, en particular: reduzan o impacto no ambiente, avalíen o impacto e a adaptación ao cambio climático, melloren o aproveitamento do espazo e a optimización da alimentación e a nutrición; impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura; optimicen os procesos, os recursos e o aproveitamento dos residuos a través da economía circular; melloren a sanidade e o benestar dos animais; melloren a seguridade alimentaria; faciliten novos métodos de produción sustentable; incorporen melloras nas especies (xenéticas e fisiolóxicas); melloren a rastrexabilidade.

b) Desenvolver ou introducir no mercado: novas especies acuícolas con bo potencial de mercado; produtos novos ou substancialmente perfeccionados; procesos novos ou perfeccionados; ou sistemas de xestión e organización das explotacións novos ou perfeccionados.

c) Estudar a viabilidade técnica ou económica de produtos, ou procesos e servizos innovadores, e que acheguen coñecementos no ámbito económico ou sociolóxico.

O proxecto non contribúe a ningún criterio

0 puntos

O proxecto contribúe a un criterio

1 punto

O proxecto contribúe a dous ou máis criterios

2 puntos

Para calcular a puntuación final dunha operación utilizarase a seguinte fórmula:

No caso de empate na valoración, terán prioridade os proxectos que obteñan unha maior puntuación nos criterios de viabilidade técnica. De persistir o empate, terán preferencia as entidades que non recibisen axudas concedidas pola Consellería do Mar, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a Comisión de Selección emitirá un informe co resultado da selección das solicitudes propostas para a súa concesión, que será incorporado ao expediente.

2. Na proposta que formule a Comisión de Selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obteren a subvención, e indicarase, se procede, a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde. Relacionaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

3. A Comisión de Selección, de ser o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos na orde de convocatoria, non acaden a puntuación necesaria para seren seleccionadas por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente, de acordo coa puntuación obtida.

4. O/a presidente/a da Comisión de Avaliación elevará proposta de resolución ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 18. Comisión de Selección

1. Os expedientes serán avaliados pola Comisión de Selección, constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A Comisión Avaliadora estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: subdirector/a xeral de Acuicultura.

b) Vogais: dous funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente. O/a xefe/a de Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura actuará como secretario.

c) Os/as xefes/as do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar en cada un dos departamentos territoriais, para o caso de que tramitasen parte dos expedientes das axudas reguladas nesta orde.

3. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de, polo menos, a maioría simple dos membros para a realización da selección.

4. As reunións da Comisión de Selección poderán celebrarse tanto de forma presencial como a distancia, nos termos establecidos pola normativa vixente que sexa de aplicación.

5. A Comisión poderá propoñer que o órgano instrutor requira documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A Comisión Avaliadora poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos externos na materia.

7. A Comisión de Selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de concesión ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos custos subvencionables dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso en que poderá realizar cantas sesións considere necesarias, emitindo propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 19. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000,00 de euros por persoa beneficiaria, será necesaria a autorización do Consello da Xunta. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá en todo caso ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de seis meses contados desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia, que, en todo caso, recaerá dentro deste exercicio orzamentario 2024. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez notificada a devandita resolución, a persoa interesada terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

4. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polas persoas beneficiarias; os créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do FEMPA, e o prazo e a forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se percibe a subvención.

Artigo 20. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 21. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se, transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 19, non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar, en calquera momento, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 22. Modificación de resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, e antes da presentación da xustificación de cobramento, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á súa modificación.

2. A autorización para a modificación dos termos en que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:

a) Que o proxecto modificado non poida dar lugar a unha nova análise da solicitude.

b) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases reguladoras e da convocatoria oportuna.

c) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

d) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

e) Que o proxecto modificado, no caso de que fose presentado co resto das solicitudes, resultase seleccionado na concesión inicial, seguindo os criterios de selección fixados.

3. As modificacións deberán ser solicitadas pola persoa beneficiaria, por escrito, con anterioridade á súa realización, nun prazo máximo de dous meses antes do prazo de xustificación do proxecto e requirirá resolución expresa da Consellería do Mar. No seu escrito, a persoa beneficiaria deberá deixar constancia, debidamente motivada, das razóns que aconsellan a modificación proposta.

4. Non se admitirán nin aprobarán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 60 % do custo do proxecto inicialmente aprobado e, en ningún caso, suporán un incremento da subvención concedida.

5. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderanse autorizar modificacións que se orixinen por causas de forza maior ou situacións sobrevidas suficientemente xustificadas que, en todo caso, deberán ser apreciadas polo órgano concedente e debidamente motivadas.

6. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou persoa beneficiaria das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos en que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do proxecto subvencionado e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou persoa beneficiaria non desvirtúe a finalidade das axudas. En calquera caso, a nova persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

7. As modificacións nos prazos de xustificación dos proxectos terán a consideración de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, polo tanto, deberán tramitarse de acordo co establecido neste artigo.

8. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente, en que se dará audiencia á persoa interesada. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 23. Xustificación dos gastos do proxecto

1. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención realizarase de acordo coas bases da convocatoria de axudas e a resolución de concesión. Os formularios en formato electrónico estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Con carácter xeral, o prazo para xustificación material e documental dos proxectos será o 15 de outubro de 2024 para a primeira anualidade e o 15 de outubro de 2025 para a segunda, salvo que a resolución individual de concesión da axuda sinale un prazo distinto.

3. Transcorrido o prazo indicado sen que a persoa beneficiaria presente a documentación xustificativa, procederase segundo o artigo 45 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

4. A xustificación do proxecto deberá ser presentada por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

5. A realización do proxecto xustificarase coa presentación do expediente para o pagamento, que deberá incluír a declaración responsable de finalización de actuacións do aludido proxecto (anexo XIII).

A consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización do proxecto.

6. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo X, en que se relacionarán e clasificarán os gastos do proxecto, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, e os valores dos indicadores de resultado.

b) Facturas detalladas ao máximo posible e, polo menos, co mesmo nivel de desagregación dos conceptos que figuren na resolución de outorgamento da axuda.

No caso de que as persoas beneficiarias sexan unha pluralidade de persoas, as facturas deben estar emitidas a nome de cada unha das persoas beneficiarias e pola porcentaxe de axuda concedida que lles corresponda, segundo o indicado na resolución de concesión.

c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados, que deberán identificar as facturas pagadas e os seus importes ou permitir seguir a pista de auditoría nos termos establecidos no artigo 6.g) desta orde. Só se admitirán pagamentos realizados por transferencia bancaria.

Os pagamentos deben estar realizados desde unha conta bancaria da cal sexa titular ou titulares exclusivamente a persoa ou persoas beneficiarias.

No caso de que as persoas beneficiarias sexan unha pluralidade de persoas, os pagamentos deben estar realizados a nome de cada unha das persoas beneficiarias e pola porcentaxe de axuda concedida que lles corresponda, segundo o indicado na resolución de concesión.

d) Relación das diferenzas existentes entre os gastos aprobados e os realizados (anexo XI).

e) Declaración responsable de finalización de actuacións do proxecto (anexo XIII).

f) Declaración responsable doutras axudas solicitadas ou concedidas, ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención (deberá achegarse a resolución da axuda, de ser o caso) e compromiso dos requisitos de admisibilidade (anexo XII).

g) Documentos de autorizacións, concesións, permisos ou licenzas, para levar a cabo o proxecto, no caso de non presentalos coa solicitude de subvención.

h) Declaración asinada polo representante legal da empresa ou organización beneficiaria en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento, incluído no seu orzamento, así como as fichas de amortización de cada ben. En todo caso, a esta documentación deberán xuntarse os libros maiores das contas de inmobilizado obxecto de subvención (inmobilizado, amortización acumulada e dotación á amortización) da empresa e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Consellería do Mar poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

i) Factura emitida pola entidade subcontratada á persoa beneficiaria en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán estar desagregadas e especificar o título do proxecto financiado.

j) Memoria da entidade subcontratada, en que se fagan constar as actividades realizadas no proxecto, incluíndo unha relación das persoas que participaron nel, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas e a porcentaxe de dedicación ao proxecto.

k) Memoria detallada da consecución dos obxectivos previstos do proxecto, asinada polo investigador principal da entidade beneficiaria.

l) Informe de validación dos resultados do proxecto, emitido polo organismo científico subcontratado e asinado pola persoa responsable da xefatura técnica do proxecto, que deberá presentarse no momento da súa finalización.

m) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá entregarse:

1º. Declaración dos custos de persoal imputados ao proxecto (anexo XIV), acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración, e as entidades quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida.

2º. Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida.

3º. Informe de vida laboral da empresa ou entidade asociativa, referida á data de finalización do prazo de xustificación, e que comprenda toda a anualidade.

4º. No caso de socios ou administradores da entidade beneficiaria que traballen baixo o réxime de autónomos, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación, nóminas e xustificantes bancarios do seu pagamento, así como os xustificantes de pagamento da Seguridade Social.

5º. Para o persoal de nova contratación, deberá entregarse a copia do contrato de traballo co selo de rexistro de entrada no Servizo Público de Emprego de Galicia, ou ben acompañado do xustificante de comunicación a través da aplicación Contrat@, no cal poida verificarse a exclusividade ao proxecto e a acreditación de que cumpre o perfil profesional do anexo XV desta orde.

6º. Nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán estar detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles.

Cando a documentación xustificativa deste gasto conste nun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a lista da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

7º. Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración pública ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %.

n) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas no artigo 6.j) desta orde.

ñ) Copia do material elaborado, sexa material impreso, audiovisual, maqueta se se trata dun prototipo ou calquera outro material.

o) Calquera outra que se indique na resolución de concesión.

Artigo 24. Pagamento

1. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o proxecto obxecto da axuda e a súa xustificación estea realizado de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da súa realización realizarase coa declaración responsable de finalización de actuacións do proxecto e coa documentación detallada no artigo 23 desta orde.

En todo caso, deberá respectarse que o gasto sexa aboado nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en cumprimento do establecido no artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, a persoa beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. No caso de que os gastos do proxecto fosen xustificados por menor contía que a considerada como elixible inicialmente ou o modificado pola correspondente resolución de modificación, minorarase a axuda na mesma proporción, sempre que esta minoración na xustificación da axuda non afecte aspectos fundamentais do proxecto e non supoña unha execución deficiente deste. En calquera caso, unha xustificación inferior ao 60 % do orzamento inicialmente concedido ou do modificado pola correspondente resolución de modificación, implicará a perda do dereito de cobramento da axuda.

4. No suposto de falta de xustificación documental ou material, a persoa beneficiaria perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo os casos.

Artigo 25. Garantías

1. No caso de axudas con varias anualidades, será necesario para o pagamento de cada unha delas, excepto a última, a presentación dunha garantía en forma de aval bancario do 110 % da cantidade que hai que pagar, segundo o previsto nos artigos 62 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Estes avais deberán presentarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no capítulo II do título IV do Decreto 11/2009.

3. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o cal se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

4. Quedan exonerados da constitución de garantía as persoas beneficiaras das subvencións concedidas cuxos pagamentos non superen os 18.000,00 euros, segundo o previsto no artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Cesión ou transmisión das axudas

1. A cesión ou transmisión das axudas outorgadas ao abeiro desta orde non terán validez cando non sexan previamente autorizadas polo órgano que as concedeu.

2. A transmisión dos bens obxecto das accións subvencionadas, dentro dos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, deberá ser previamente posta no coñecemento da autoridade que a outorgou para a súa autorización. No documento público da transmisión deberá o novo propietario subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitinte e, en particular, deixar constancia do importe da axuda concedida, así como non efectuar ningunha modificación fundamental.

Dentro dos tres meses seguintes á data da transmisión, o transmitinte remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica unha copia do documento público de transmisión.

3. O incumprimento das obrigas establecidas neste artigo será causa de reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumpriran os requisitos, segundo o disposto no artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060.

Artigo 27. Verificación posterior ao pagamento da axuda

Os servizos da Consellería do Mar realizarán os controis oportunos para verificar que a acción subvencionada non teña, nos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, unha modificación fundamental das establecidas no artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060.

Artigo 28. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 74 a 76 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais será tamén causa de reintegro, de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06), a comisión de infracción ao dereito comunitario pola persoa beneficiaria e, en especial, ás normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 29. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos artigos anteriores, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da devandita lei, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 31. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude na Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf

Artigo 32. Publicidade

1. En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso. A aceptación da axuda supón a inclusión da operación e os seus datos na lista de operacións prevista no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060.

2. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/) a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

Delégase no director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición adicional segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XV

Retribucións brutas máximas do persoal contratado

Titulación

Importe mensual bruto para unha xornada máxima de 40 horas semanais

Título de doutoramento, licenciado ou equivalente

2.094,71 €

Diplomatura ou equivalente

1.748,89 €

Título de bacharelato, BUP, formación profesional de técnico superior, FPII

1.404,22 €

Formación profesional de técnico, FPI, educación secundaria obrigatoria

1.189,88 €

ANEXO XVI

Índice da memoria técnica do proxecto

1. Viabilidade científico-técnica dos equipos das entidades participantes.

Para cada unha das entidades participantes debe incluír:

a) Breve historial da entidade.

b) Capacidade investigadora da entidade (medios materiais e instalacións de I+D que utilizarán no proxecto e traxectoria investigadora). En concreto, xustificarase a idoneidade das entidades participantes para a execución do proxecto: vinculación, capacitación e experiencia no ámbito do proxecto.

c) Para as entidades solicitantes que sexan empresas: medios produtivos dispoñibles, produtos/servizos que comercializan e breve descrición da súa organización comercial e do seu posicionamento no mercado.

d) Descrición da capacidade técnica do equipo humano que participa no proxecto, de acordo coa súa formación e experiencia.

e) Relación de proxectos de I+D+i e publicacións dentro da temática do proxecto presentado levados a cabo previamente por cada entidade e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

2. Descrición científico-técnica do proxecto.

a) Resumo do proxecto que inclúa a descrición da contribución aos obxectivos do FEMPA.

b) Antecedentes e estado da arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón respecto destes antecedentes.

c) Achegas concretas ao estado actual do coñecemento e a ciencia.

d) Viabilidade da innovación proposta.

e) Obxectivos e resultados potenciais do proxecto, que incluirá argumentos que avalen a innovación (claros e específicos). Descrición dos procesos ou produtos que se pretenden utilizar ou implantar no proxecto, indicando as contornas e sectores en que foron probados ou validados, de ser o caso.

f) Metodoloxía usada no proxecto que avale a consecución dos obxectivos propostos.

g) Plan de traballo para desenvolver no tempo de execución, no cal se inclúan as actividades que vai realizar cada unha das partes que colaboran, cun calendario de execución, indicando as datas de inicio e fin das actividades, así como o orzamento previsto para cada unha delas.

h) Cronograma do proxecto trasladado a un diagrama de Gantt en que se inclúan as actividades que vai realizar cada unha das entidades participantes e o seu desenvolvemento temporal.

i) Plan de divulgación dos resultados detallando e especificando individualmente os medios e alcance da publicación autonómica, nacional ou internacional, así como a programación temporal das actividades de divulgación.

j) Beneficios que poidan derivar do proxecto cara ao sector implicado, desde o punto de vista da súa repercusión económica, ambiental e social.

k) Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.

3. Implicacións ambientais do proxecto.

a) Xustificación de que o proxecto inclúe medidas que promoven unha maior eficiencia do uso de recursos naturais, consumo de auga (plans de mellora de xestión e calidade do abastecemento de auga), o valor engadido e a economía circular.

b) Contribución do proxecto a espazos con figuras de protección ou a plans de conservación e/ou recuperación (parque nacional, zona especial conservación, Rede Natura 2000, áreas mariñas protexidas, reservas de interese pesqueiro, etc.) e superficie afectada, así como a afectación positiva e/ou recuperación de especies protexidas, especies vulnerables ou sobreexplotadas ou integradas en plans de xestión, e ao control e erradicación de especies exóticas invasoras.