DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40830

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).

O 15 de xaneiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 10 a Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 696.879,50 euros, con cargo á aplicación 38.06.313D.481.2 (código de proxecto 2018 000112).

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Disposición adicional única da Orde do 4.6.2024;
DOG nº 111, do 10 de xuño)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Nome do proxecto

Concesión

SI451A-2024-02-00

Asociación Amicos

G15747678

Servizo de intermediación laboral para mulleres maltratadas

30.897,32 €

SI451A-2024-04-00

AXEL-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

Abeona

37.936,38 €

SI451A-2024-06-00

Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías

G10645075

Emprega sinerxías

47.984,04 €

SI451A-2024-07-00

Asociación Alar Galicia

G15775901

Paso a paso: adiante

55.918,10 €

SI451A-2024-09-00

Fundación CIP

G15849318

Promuvix 7, programa de inserción de mulleres violencia xénero

71.994,94 €

SI451A-2024-10-00

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

Insere activa 8

63.570,80 €

SI451A-2024-11-00

Ecos do Sur

G15354483

Programa Salvia VII-Programa de inserción sociolaboral

71.376,39 €

SI451A-2024-12-00

CIMO Entidad Prestadora de Servicios

G32010449

Anduriña

12.815,37 €

SI451A-2024-14-00

Fundación Nortempo

G70009949

Intégra-T 2024

69.552,50 €

SI451A-2024-16-00

Apetamcor-Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

Programa Esmeralda

51.102,43 €

SI451A-2024-17-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Un novo camiño

40.450,20 €

SI451A-2024-18-00

Asociacion Iris Social

G16824088

Proxecto Lilith

55.786,50 €

SI451A-2024-19-00

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Impulsa mujer 4

63.944,42 €

SI451A-2024-21-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Itinerarios personalizados de inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero

23.550,11 €

Total

696.879,50 €