DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40827

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI431A).

O 16 de xaneiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 11 a Resolución do 19 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI431A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI431A), que se indican no anexo, cun importe total de 450.000,00 euros, con cargo á aplicación 38.06.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2024.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Disposición adicional única da Orde do 4.6.2024;
DOG nº 111, do 10 de xuño)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Nome do proxecto

Concesión

SI431A-2024-00000001-00

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Programa donas de atención integral a mulleres en situación de explotación sexual

55.999,44 €

SI431A-2024-00000002-00

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoio terapeutico 2024: promovendo a atencion integral

28.614,72 €

SI431A-2024-00000003-00

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol

R1500092J

Proxecto Roniera. Proxecto de atención social integral para persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes

43.911,00 €

SI431A-2024-00000004-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

Arco da vella IX

55.999,44 €

SI431A-2024-00000006-00

Diaconía

R2802129C

#RLC Galicia: atención integral a VTSH e as súas fillas e fillos menores de idade

26.882,88 €

SI431A-2024-00000007-00

Asociación Diversidades

G27783950

Proxecto Lilas 2024

12.520,36 €

SI431A-2024-00000008-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Intervención integral con persoas en contornas de prostitución

41.999,88 €

SI431A-2024-00000009-00

Ecos do Sur

G15354483

Afrodita

40.725,30 €

SI431A-2024-00000010-00

Médicos del Mundo

G79408852

Atención sociosanitaria e detección de barreiras de acceso aos sistemas de saúde en persoas migrantes en situación de prostitución

48.990,90 €

SI431A-2024-00000011-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Atención psicosocial de mulleres en situación de explotación sexual e/ou vítimas de trata con fins de explotación

55.989,60 €

SI431A-2024-00000012-00

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Cara adiante 9, proxecto de atención social integral a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes

38.366,48 €

Total

450.000,00 €