DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40811

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 32016, no primeiro parágrafo do artigo 10.4:

Onde di:

«4. Á Dirección Xeral de Saúde Pública correspóndelle a coordinación de todos os axentes que poidan intervir nos programas sanitarios de saúde pública, así como na vixilancia en saúde pública, campañas de vacinación, detección precoz de enfermidades e calquera outra actividade da súa competencia. Neste senso a Dirección Xeral de Saúde Pública establecerá as liñas de actuación e directrices para o correcto desenvolvemento destas actuacións no Sistema de saúde de Galicia».

Debe dicir:

«4. Á Dirección Xeral de Saúde Pública correspóndelle a coordinación das actividades e programas sanitarios de saúde pública, da vixilancia en saúde pública, das campañas de vacinación, de detección precoz de enfermidades e calquera outra actividade da súa competencia. Neste senso a Dirección Xeral de Saúde Pública establecerá as liñas de actuación e directrices para o correcto desenvolvemento destas actuacións no Sistema de saúde de Galicia».

Nesa mesma páxina, elimínase o segundo parágrafo do artigo 10.4.

Na páxina 32031, artigo 15.2.a):

Onde di:

«a) Determinar os criterios xerais de planificación sanitaria e sociosanitaria».

Debe dicir:

«a) Determinar os criterios xerais de planificación sanitaria, farmacéutica e sociosanitaria».

Na páxina 32032, artigo 16.1, letra f):

Onde di:

«f) Todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas».

Debe dicir:

«f) A preparación, para a súa resolución polo órgano competente, das propostas en materia de horarios de oficinas de farmacia».

Nese mesmo artigo, a letra f) actual pasaría a ser a letra g).

Na páxina 32033, artigo 16.2.2, letra f):

Onde di:

«f) A planificación e coordinación na unificación de criterios técnicos e da casuística relacionada coas actuacións realizadas en relación co servizo de transporte sanitario non urxente (TSNUX) no Servizo Galego de Saúde».

Debe dicir:

«f) A planificación no desenvolvemento do servizo de transporte sanitario urxente no Servizo Público de Saúde de Galicia».

Na páxina 32034, artigo 16.2.3, letra i):

Onde di:

«i) A emisión de certificados dixitais».

Debe dicir:

«i) O deseño das canles de interacción e comunicación unificadas entre a sociedade, os/as pacientes e os/as profesionais, mediante as solucións tecnolóxicas dispoñibles».

Nese mesmo artigo, as letras i) e j) actuais pasarían a ser, respectivamente, j) e k).

En consecuencia co anterior, na páxina 32036, artigo 17.2.1, as letras m), n) e ñ) actuais pasan a ser, respectivamente, as letras l), m) e n).

Na páxina 32040, no segundo parágrafo do artigo 20.1:

Onde di:

«Para os efectos da execución dos programas de saúde pública, as persoas titulares das direccións territoriais dependerán funcionalmente da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Debe dicir:

«No desenvolvemento e execución dos programas de saúde pública, as direccións territoriais actuarán conforme as liñas de actuación e as directrices de coordinación da Dirección Xeral de Saúde Pública».