DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 40814

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 32061, artigo 5.7, onde di:

«7. Adscríbense á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Consello Asesor de Pacientes e o Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia, ou órgano que o substitúa».

Debe dicir:

«7. Adscríbense á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Consello Asesor de Pacientes, o Consello Técnico de Atención Primaria e o Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia, ou órgano que o substitúa».

Na páxina 32067, artigo 8.5, onde di: «g) O Consello Técnico de Atención Primaria», debe dicir: «g) A Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica de Galicia».

Na páxina 32075, no artigo 11.2.3 letra a):

Onde di:

«a) A elaboración e información das propostas de acordos marco de xestión de asistencia sanitaria, contratos de servizos asistenciais, así como as cláusulas anuais, realizando o seu seguimento e coordinando as propostas cos centros e áreas sanitarias».

Debe dicir:

«a) A elaboración e información das propostas de acordos marco de xestión de asistencia sanitaria, contratos de servizos asistenciais e de transporte sanitario, así como as cláusulas anuais, realizando o seu seguimento e coordinando as propostas cos centros e áreas sanitarias».