DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40434

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (código de procedemento BS623E).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece, no seu artigo 3, os obxectivos do Sistema galego de servizos sociais, e inclúe entre eles o de facilitarlles alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que estean en situación ou en risco de exclusión social.

No marco da disposición transitoria do Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais. Inclúense, entre outras, as políticas de benestar social, inclusión social ou a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, de conformidade co establecido no Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade.

O Estatuto de autonomía de Galicia remite no seu artigo 4 á Constitución española de 1978 para determinar os dereitos fundamentais dos galegos. De acordo con isto, e atendendo ao seu artigo 47, todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada.

O dereito á vivenda e as ferramentas para garantilo ou para atender aquelas persoas e familias que quedan excluídas recóllense en distintos textos normativos autonómicos. A Lei 13/2008, do 3 de decembro; a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, ou a Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, estableceron o marco xurídico necesario para superar os atrancos que existen para que as persoas sen fogar poidan acceder e exercer os seus dereitos no que se refire á vivenda.

A aprobación do Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 supuxo un avance máis nesta liña. Este plan ten como obxectivo aumentar o impacto das políticas de atención ao senfogarismo e orientalas á súa eliminación, a través dun marco específico, estratéxico e coherente que combine respostas adaptadas ás persoas en clave preventiva e de atención ás carencias habitacionais e de acompañamento.

O citado plan propuxo un cambio de paradigma na orientación das políticas de inclusión social para pór o foco na vivenda. Segundo este enfoque, se a persoa ten acceso primeiro a unha vivenda, ten tamén acceso a outros dereitos, como poden ser a seguridade, a intimidade, a saúde e o sentido de pertenza, e o fin último é o acceso á cidadanía plena.

Neste sentido, a Dirección Xeral de Inclusión Social asumiu no ano 2021 o reto e o compromiso de promover recursos estables de atención a persoas sen fogar para aplicar as estratexias housing first e housing led, mediante a rehabilitación de edificacións para vivendas en desuso distribuídas por toda Galicia.

Fomentar a coordinación entre a Administración autonómica e local permitirá fortalecer a capacidade de acción na erradicación do sen fogarismo dentro dos seus marcos competenciais. Cómpre recordar que a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de rexime local, despois da entrada en vigor da Lei 27/2013, de racionalización e sostibilidade da Administración local, establece no seu artigo 25 que é competencia municipal a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Por outra banda, e con este contexto, o Consello Europeo aprobou, o 21 de xullo de 2020, a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello acadaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos de NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, e creouse o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a este e acadar os obxectivos establecidos, e que os presentarán formalmente, como moi tarde, o 30 de abril de 2021.

En virtude da Resolución da Subsecretaría de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do 29 de abril de 2021, publícase o Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias que se seguirán no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación.

As medidas que recolle o dito plan cumpren cos seis piares establecidos polo antedito Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e articúlanse ao redor de catro eixes principais: a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero. Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca que integran trinta compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

O Plan de recuperación articula unha axenda coherente de reformas estruturais que responden ao diagnóstico compartido polas institucións europeas, o Goberno español e os principais axentes económicos e sociais, en ámbitos clave para reforzar a estrutura económica e social do país; concretamente, no ámbito dos servizos sociais, aquelas necesarias para a implantación dun estado de benestar moderno que protexa a cidadanía, garanta o coidado das persoas destinatarias, reforce os ditos servizos sociais e lles proporcione oportunidades vitais ás novas xeracións.

Posteriormente, o Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia aprobou, o 30 de abril de 2021, o Acordo para a distribución dos créditos para o financiamento de proxectos de investimento das comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, no marco do compoñente 22, relativo á economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

No marco deste acordo, o 20 de agosto de 2021 asinouse o convenio de colaboración entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos con cargo aos fondos europeos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia.

A Resolución do 26 de outubro de 2022, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, recolle dous obxectivos CID (Council Implementation Decision): o 322 e o 323. «Servizos de teleasistencia a domicilio no Sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD)» e «Prazas residenciais, non residenciais e en centros de día».

Así o exposto, a presente orde de convocatoria de subvencións encádrase no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia, dentro do eixe/compoñente 22: economía dos cidadáns e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, medida/investimento I1: Plan de apoios e coidados de longa duración: desinstitucionalización, equipamentos e tecnoloxía.

Estas axudas refírense, concretamente, ao obxectivo 323 «Prazas residenciais, non residenciais e en centros de día», o cal consiste na renovación ou construción de centros residenciais, non residenciais e de día para adaptar 22.360 prazas no Estado ao novo modelo de coidados de longa duración.

O obxecto das axudas é a adaptación e/ou equipamento de edificacións e vivendas que teñan as entidades locais de Galicia baixo a súa dispoñibilidade en territorio da Comunidade Autónoma e coa finalidade de que se destinen á atención estable de persoas sen teito, e entran a formar parte da rede de vivendas incluídas no proxecto Na casa impulsado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

O proxecto Na casa comprende dúas liñas principais de actividade consecutivas, complementarias e estratexicamente formuladas para dar un tratamento integral ás situacións de senfogarismo:

– A primeira liña consiste na rehabilitación e dotación de equipamento a vivendas que se acondicionan para ser postas á disposición das persoas ou familias sen fogar. As actuacións nesta liña continuarán ata o ano 2026 e para o seu desenvolvemento disponse dun orzamento total de 8,3 millóns de euros.

– A segunda liña consiste no desenvolvemento de programas de acompañamento social para a inclusión social ou sociolaboral das persoas que accedan ás vivendas resultantes da primeira liña de actividade, e traballarase desde diferentes metodoloxías e intensidades en función das necesidades que presenten as destinatarias (housing first, vivendas de transición ou calquera outra). Esta liña conta co financiamento do FSE+, que acaba de aprobar a Comisión Europea e que se desenvolverá ata o ano 2029 cun orzamento de 12,5 millóns de euros.

Neste marco resultan de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece o instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación, tras a crise da COVID-19, e o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR). Así mesmo, resultan de aplicación a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e o formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión Europea, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014; e a Decisión nº 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012, e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De conformidade co exposto, a rehabilitación e/ou o equipamento de edificacións para vivendas nas entidades locais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia realizarase a través da presente convocatoria pública de axudas, baixo o procedemento de concorrencia competitiva, segundo o artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os proxectos desenvolvidos polas entidades locais ao abeiro destas axudas terán o carácter de subproxectos aniñados no subproxecto da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios ao fin para o cal foron establecidos,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, os requisitos e os procedementos para a concesión de axudas ás entidades locais de Galicia para a rehabilitación, adaptación e/ou equipamento de edificacións para vivendas que teñan as ditas entidades locais baixo a súa dispoñibilidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 30 de novembro de 2025, coa finalidade de que se destinen á atención estable de persoas sen teito, así como efectuar a súa convocatoria. Entrarán a formar parte da rede de vivendas incluídas no proxecto Na casa, recurso residencial de medio e longo prazo, destinado a dar unha estabilidade ás persoas sen fogar, impulsado pola Consellería de Política Social e Igualdade (código de procedemento BS623E).

2. As axudas previstas nesta orde tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A xestión destas axudas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos

Artigo 2. Financiamento

1. Ás axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de 5.754.195 €, que se financiarán con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro dentro do compoñente 22 de economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, liña de investimento I1.

As axudas imputaranse aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia na seguinte aplicación orzamentaria e polos importes que a continuación se relacionan:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

38 03 313C 7600

2021-00178

3.452.517 €

2.301.678 €

5.754.195 €

2. A modificación da distribución inicialmente aprobada rexerase polo previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de ser o caso, o reaxuste de anualidades farase de acordo co preceptuado no artigo 27 do mesmo corpo legal.

3. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, poderase ampliar excepcionalmente a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan á súa disposición un inmoble que cumpra as condicións exixidas por esta convocatoria.

Este proxecto promove recursos residenciais estables na atención ao senfogarismo e outras tipoloxías de exclusión residencial, polo que as ditas edificacións para vivendas estarán afectadas e destinaranse á atención ás persoas sen fogar, impulsando a aplicación de modelos de atención e metodoloxía de acompañamento integral centrados na persoa e desde un enfoque baseado na vivenda (housing-led e housing-first).

As entidades locais deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

Artigo 4. Accións e gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable e que se realicen no prazo establecido nestas bases.

2. Serán subvencionables a rehabilitación, a adaptación e/ou o equipamento de edificacións para vivendas localizadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que permitan dotar os inmobles de condicións adecuadas para converterse en recursos residenciais estables na atención ao senfogarismo e outras tipoloxías de exclusión residencial.

3. Concretamente, serán subvencionables as seguintes operacións:

a) Obras de rehabilitación, adaptación e/ou equipamento desenvolvidas polas entidades locais ás cales fai referencia o artigo terceiro en inmobles da súa propiedade ou sobre os cales esta teña un dereito de superficie, concesión administrativa, cesión ou dereito de explotación ou un contrato de arrendamento cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a posta en marcha da infraestrutura. Estas obras deberán axustarse, en todo caso, á normativa específica de aplicación e aos permisos preceptivos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Adquisición e/ou mellora de bens de equipamento destinado á vivenda onde se localiza o recurso residencial preciso para o desenvolvemento da actividade: instalacións específicas para a actividade, mobiliario e/ou enxoval.

c) Gastos de honorarios profesionais derivados da elaboración de anteproxectos e/ou proxectos de obra, estudos de viabilidade, memorias técnicas relacionados coa actuación subvencionable.

d) Gastos de honorarios profesionais en concepto de dirección de obra e/ou de coordinación de seguridade e saúde relacionados coa actuación subvencionable.

4. Nos supostos das letras c), e d), o importe total dos gastos xerais non poderá superar, en todo caso, o 12 % do importe total da subvención finalmente concedida.

5. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable pola entidade solicitante.

6. Os gastos subvencionables deberán estar realizados a partir do 1 de xaneiro de 2024, con independencia de que as obras da vivenda comezasen con anterioridade, e estar efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 21, agás os impostos imputables á dita actuación devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, recollida no artigo 23.

7. Non serán subvencionables os gastos a que se refire o artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, como non subvencionables. Tampouco o serán os gastos que non respecten as normas en materia ambiental que deriven da aplicación do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088,especialmente os investimentos relacionados con combustibles fósiles, incluído o uso posterior destes.

8. Se na execución das obras que se van subvencionar for precisa, a sinatura de contratos, deberán rexerse polo disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro.

9. Cada entidade pode presentar varios proxectos a esta convocatoria.

Artigo 5. Subcontratación

Poderá ser obxecto de subcontratación ata o 100 % da actuación subvencionada, nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, se a contía subcontratada supera o 20 % do total do importe da subvención e a súa contía é superior a 60.000 €, a entidade local solicitante da subvención remitiralle á Dirección Xeral de Inclusión Social antes da súa sinatura a proposta de adxudicación do contrato para a súa autorización.

En todo caso, quedan fóra da subcontratación aqueles gastos en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para realizar por si mesma a actividade subvencionada.

Artigo 6 Contía da axuda

1. A axuda terá unha contía máxima de 72.000 € por cada proxecto.

2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 100 % dos gastos subvencionables, co límite de 47.000 € por cada vivenda no suposto de obras; 25.000 € para equipamento e 72.000 € no suposto que se soliciten ambas.

3. A contía individualizada da subvención correspondente a cada entidade beneficiaria calcularase, por orde de prelación segundo a puntuación obtida ao aplicar os criterios de valoración, respecto do orzamento aceptado pola Administración e ata esgotar o crédito orzamentario.

Artigo 7. Compromiso de non causar dano significativo ao ambiente

1. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde deberán garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio DNSH») e a etiquetaxe climática e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia; na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro , así como na súa normativa de desenvolvemento, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

2. En todo caso, as entidades beneficiarias preverán mecanismos de verificación do cumprimento do principio DNSH e medidas correctoras para asegurar a súa implementación, do cal deixarán constancia na memoria xustificativa da subvención.

3. Entre outros requisitos vinculados ao principio DNSH, son gastos financiables para desenvolver nos inmobles:

a) Mellorarase a eficiencia enerxética conforme o establecido na Directiva 2010/31/EU do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de maio, relativa á eficiencia enerxética dos edificios.

b) Realizarase unha avaliación do risco climático e da vulnerabilidade das instalacións das infraestruturas e, de ser o caso, estableceranse as solucións de adaptación adecuadas para cada caso.

c) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 da Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados nas actuacións previstas neste investimento será preparado para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo que utilicen residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

d) Os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento da actividade non conterán amianto nin substancias altamente preocupantes identificadas na lista de substancias suxeitas á autorización, que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro, relativo ao rexistro, avaliación, autorización e restrición das substancias e preparados químicos (REACH).

e) Adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida, sempre cumprindo a normativa.

Artigo 8. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Os proxectos que se financien con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán ser coherentes cos programas en curso da Unión Europea e complementalos. Haberá que establecer mecanismos que eviten o dobre financiamento, de forma que só poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo, de conformidade co artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro, o artigo 188 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, e o artigo 7 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

2. As entidades solicitantes deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de todas as axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade. Usarán para iso o formulario establecido para o efecto nesta orde (epígrafe específico do anexo I), o cal terán que volver enviar actualizado sempre que varíe a situación inicialmente declarada.

Artigo 9. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser entidade beneficiaria dela.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou a resolución da entidade local en que se exprese a intención de acometer a actuación obxecto da solicitude de axuda.

b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude.

c) Compromiso, asinado pola persoa titular da intervención da entidade local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.

d) Anexo II, relativo á memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención, en que se indique a adecuación ao obxectivo proposto, descrición de actividades concretas que se pretenden realizar, calendario de realización, adecuación dos medios estruturais, materiais e técnicos para o desenvolvemento e xestión do proxecto.

e) Anexo IV, declaración do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

f) Anexo V, declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución das actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

g) Certificado co número de intervencións asociadas a «persoas sen fogar» (sector de referencia nº 10) no seu sistema de información de servizos sociais, no caso de non usar o sistema de información de usuarios/as de servizos sociais (SIUSS).

h) Documentación técnica segundo a natureza da actuación sobre a cal se solicita a subvención, que deberá comprender:

1º. Para a execución de obras deberase achegar a seguinte documentación:

1º.1. Proxecto, anteproxecto ou memoria valorada de obra, axustados á normativa vixente de conformidade coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas, adecuadas ás persoas usuarias do centro.

1º.2. Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, no caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión durante o período subvencionado e autorización do propietario.

1º.3. Declaración responsable de que solicitarán as licenzas e permisos necesarios.

2º. Para a adquisición de subministracións e equipamento, deberase achegar o orzamento das persoas provedoras, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade ante calquera Administración. Neste caso, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitáselle novamente á entidade solicitante a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades solicitantes presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou das distintas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración tributaria.

d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificación de estar inscrito no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

g) Certificación de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.

h) Actos de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades solicitantes se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade solicitante para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades solicitantes que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 13. Instrución do procedemento

1. A instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica.

2. As axudas concederanse baixo o réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación e prelación das solicitudes presentadas de acordo cos criterios de selección e valoración fixados no artigo 15, segundo a puntuación obtida e respectando o límite orzamentario dispoñible.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de 10 días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

4. Sen prexuízo do disposto no número anterior, o órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, e poderá requirirlle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

5. Respecto dos expedientes en que concorran causas de non admisión, así como de declaración ou aceptación de desistencia, o órgano instrutor formulará a correspondente proposta de resolución do procedemento. En todo caso, non se admitirán a trámite e ditarase a resolución de non admisión e o arquivamento, das solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na convocatoria.

6. En caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que non se inclúen na proposta anterior por esgotarse o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, se é o caso, ben co crédito que quede libre debido á renuncia doutros solicitantes, á modificación dos proxectos inicialmente subvencionados ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención.

Artigo 14. Comisión de Valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, constituirase como órgano colexiado unha comisión. Esta, de acordo cos criterios de baremación de solicitudes establecidos, realizará a súa valoración de conformidade cos ditos criterios preferenciais e emitirá o correspondente informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada, con indicación da puntuación e da axuda aplicable en cada caso.

2. A Comisión rexerase polo establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no relativo aos órganos colexiados, e estará integrada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de servizos sociais comunitarios. No caso de ausencia, a suplencia será exercida pola persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de servizos sociais comunitarios e dous/dúas funcionarios/as adscritos/as á subdirección xeral competente en materia servizos sociais comunitarios.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Se, por calquera causa, algunha das persoas que compoñen a Comisión de Valoración non pode asistir cando esta se reúna para o exame das solicitudes, será substituída polo/a funcionario/a designado para estes efectos pola persoa que exerza a presidencia.

3. O/a secretario/a, con voz pero sen voto, será un/unha funcionario/a, adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de servizos sociais comunitarios e designado/a pola persoa que exerza a presidencia. No caso de ausencia, a suplencia será asumida pola persoa funcionaria do mesmo rango que a persoa titular, designada para estes efectos pola persoa que exerza a presidencia.

4. A Comisión examinará o contido das actuacións presentadas no proxecto co fin de verificar se estas e os gastos que abranguen cumpren as condicións exixidas nesta orde e no resto de normativa aplicable para poder ser beneficiarias das axudas e, polo tanto, son susceptibles de subvención, e avaliaraas de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 15.

5. A Comisión de Valoración elaborará un informe coa valoración das solicitudes, de acordo cos criterios establecidos no artigo 15, en que figurarán de maneira individualizada as solicitudes, con especificación da puntuación que lles corresponde e o importe da concesión. Este informe elevarase á Subdirección Xeral de Servicios Sociais Comunitarios e Xestión Económica como órgano instrutor.

6. As persoas que interveñan no proceso de selección de entidades beneficiarias, ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán de forma expresa a ausencia ou non de conflitos de intereses ou de causa de abstención, considerando o establecido no artigo 61.3 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo («Regulamento financeiro»), e no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, e no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro; en caso de existir conflito de intereses ou causa de abstención, a persoa afectada deberá absterse de intervir nestas actuacións.

Artigo 15. Criterios de valoración

1. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliaraas cun máximo de 100 puntos, conforme os seguintes criterios:

a) Criterios obxectivos de idoneidade de localización das vivendas (ata 70 puntos):

1º. Valorarase o ámbito territorial onde estará localizada a vivenda en función do número de habitantes (último censo oficial do INE de 2023): ata un máximo de 10 puntos como se indica:

1º.1. Municipios de 80.000 ou máis habitantes: 10 puntos.

1º.2. Municipios de 30.000 a 79.999 habitantes: 6 puntos.

1º.3 Municipios de 20.000 a 29.999 habitantes: 4 puntos.

2º. Valorarase o número de persoas usuarias rexistradas no Sistema de información de usuarios/as de servizos sociais (SIUSS) como «persoas sen fogar» (sector de referencia nº 10) polos servizos sociais comunitarios no período dun ano anterior á convocatoria. Cando a entidade local non dispoña desta ferramenta, deberá achegar un certificado dos datos rexistrados no seu sistema: ata un máximo de 30 puntos, como se indica:

2º.1. Municipios con máis de 400 intervencións con persoas sen fogar rexistradas: 30 puntos.

2º.2. Municipios que rexistraron entre 250 e 400 intervencións con persoas sen fogar: 20 puntos.

2º.3. Municipios que rexistraron entre 100 e 249 intervencións con persoas sen fogar: 10 puntos.

2º.4. Municipios que rexistraron entre 30 e 99 intervencións con persoas sen fogar: 5 puntos.

3º. Valorarase a localización das vivendas dentro dos municipios atendendo ao seu grao de urbanización. Recorrerase para isto á clasificación das parroquias de Galicia segundo o subgrao de urbanización establecida polo Instituto Galego de Estatística: ata un máximo de 30 puntos, como se indica:

3º.1. Vivendas localizadas en zonas densamente poboadas (ZDP): 30 puntos.

3º.2. Vivendas localizadas en zonas intermedias altas (ZIP alta): 20 puntos.

3º.3. Vivendas localizadas en zonas intermedias baixas (ZIP baixa): 15 puntos.

3º.4. Vivendas localizadas en zonas pouco poboadas de nivel alto (ZPP alta): 10 puntos.

3º.5. Vivendas localizadas en zonas pouco poboadas de nivel intermedio (ZPP intermedia): 5 puntos.

b) Criterios de valoración dos proxectos presentados (ata 30 puntos).

1º. Fundamentación do proxecto: ata 10 puntos. Valoraranse as necesidades e razóns que fundamenten e xustifiquen a execución do proxecto presentado para as persoas destinatarias finais do servizo.

2º. Obxectivos do proxecto: ata 10 puntos. Valoraranse os obxectivos que pretende acadar a entidade solicitante, o impacto social do proxecto, o número de persoas usuarias que vai atender e a poboación a que van dirixidos.

3º. Memoria explicativa (anexo II): ata 10 puntos. Valoraranse o contido técnico e a súa adecuación ao obxectivo proposto; a descrición das actividades concretas que se pretenden efectuar; o calendario de realización; e a adecuación dos medios estruturais, materiais e técnicos para o desenvolvemento e xestión do proxecto.

2. No caso de empate na baremación, decidirase a favor do proxecto que obteña máis puntos na valoración do criterio establecido en primeiro lugar, e así de xeito sucesivo co resto dos criterios considerados no caso de manterse o empate. De persistir o empate, atenderase á data de presentación da solicitude e, de ser idéntica, ao maior importe do orzamento total da actuación.

3. As entidades solicitantes terán que obter como mínimo 25 puntos para acceder ás subvencións reguladas na orde.

Artigo 16. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo da fiscalización da proposta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, correspóndelle, por delegación da conselleira de Política Social e Igualdade, á persoa titular da dirección xeral con competencia en materia de inclusión social, que deberá resolver no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta.

2. A resolución fixará os termos da axuda, será considerada como ditada polo órgano delegante e fixará os importes da subvención correspondentes a cada unha das anualidades, que deberán xustificar na forma sinalada no artigo 21 desta orde.

3. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, baixo a responsabilidade da entidade e coas repercusións que ten a súa falsidade, reguladas na Lei 9/2007 do 13 de xuño; á comprobación do cumprimento de requisitos efectuada polo órgano instrutor; e á documentación presentada e datos consultados e manifestados na proposta de resolución.

4. Tendo en conta que os requisitos para ser entidade beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola entidade beneficiaria se recollen na presente orde, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, ao aceptarse coa presentación da solicitude.

5. O prazo para resolver e notificar a resolución das axudas será de 3 meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

6. No caso de que algunha entidade local decida renunciar á subvención, deberá presentar a súa renuncia segundo o modelo do anexo VI.

Artigo 17. Publicación dos actos e notificacións

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería:

(http://politicasocial.xunta.gal).

2. Así mesmo, as notificacións da resolución e actos administrativos efectuaranse de forma complementaria só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, estas notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. Estas notificacións complementarias entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda a el.

6. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Réxime de recursos

A resolución expresa ou presunta que se dite ao abeiro da presente orde porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Poderá interporse directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou de 6 meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

No caso de presentar o recurso de reposición, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do dito recurso.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión

1. De acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión a alteración das condicións tidas en conta para a súa concesión e, en todo caso, a obtención doutras subvencións ou axudas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras.

2. Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade na persoa titular da dirección xeral con competencia en materia de inclusión social, por proposta do órgano instrutor, logo da correspondente tramitación e, se é o caso, con audiencia da entidade beneficiaria.

Artigo 20. Obrigas das entidades beneficiarias

Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as entidades beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións da entidade ante o órgano concedente, sen prexuízo da facultade da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais de comprobar a realización material das actuacións.

b) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais considere pertinentes ao longo do proceso de execución e ás de control financeiro que lle correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás comprobacións da Comisión Europea, da Fiscalía Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), e do Tribunal de Contas da Unión Europea, así como aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, e facilitarán canta información e documentación lles sexa requirida.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O soporte da documentación realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda, de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea, e manteranse os requisitos de pista de auditoría consonte o artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

f) As infraestruturas e/ou equipamentos obxecto da actuación subvencionada deberán obter as correspondentes autorizacións establecidas no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e permanecer destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a 5 anos desde o pagamento final ao beneficiario, tal e como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento disto dará lugar á revogación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

g) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia. Neste sentido, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro. Os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, mesmo, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU»; en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitarán información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

Terase isto especialmente presente nas medidas que se adopten de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados etc.). Na ligazón https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/recuperacion-transformacion-resiliencia/comunicacion pode descargarse o manual de comunicación para xestores e beneficiarios dos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

En relación coa publicidade do financiamento, durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, a entidade beneficiaria deberá informar o público do apoio obtido colocando, polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3) en que mencionará a axuda financeira nun lugar ben visible para o público, segundo o modelo do anexo VII.

h) Dispor dun plan de medidas antifraude que lle permita garantir e declarar que, no seu ámbito de actuación, os fondos correspondentes se utilizaron de acordo coas normas aplicables e existen medidas concretas para a prevención, detección e corrección da fraude, da corrupción e do conflito de intereses, en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

i) Contribuír a detectar posibles fraudes e conflitos de intereses sobre o persoal que participa nas distintas fases do proceso de preparación e tramitación do expediente de contratación, mediante a aplicación do procedemento establecido na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

j) Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» e as condicións da etiquetaxe verde e dixital na execución das actuacións subvencionadas, de acordo co establecido no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e no resto da normativa que o desenvolve. Isto inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas ao compoñente 22, medida I1, en que se enmarcan estas actuacións.

k) Contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións, en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas, cumprindo adecuadamente coas obrigas de subministración de información a esta, establecidas no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo.

l) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

m) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación, en formato electrónico, durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 €.

n) Contribuír ao cumprimento dos fitos e dos obxectivos fixados no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, nos termos que se indique, na resolución de concesión. Neste senso, deberán desagregar os fitos e obxectivos críticos e non críticos do subproxecto nos fitos e obxectivos críticos e non críticos do seu subproxecto aniñado, así como cumprilos e informar a Comunidade Autónoma de Galicia a través da plataforma informática correspondente.

Do mesmo xeito, deberán rexistrar no sistema informático de forma continuada o progreso dos indicadores dos fitos e obxectivos desagregados da estrutura en que se descompón o subproxecto aniñado e incorporar a información acreditativa conforme os mecanismos de verificación.

ñ) Coa finalidade de dar adecuado cumprimento ao mandato establecido na letra d) do número 2 do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2012/241 do Parlamento Europeo e do Consello, as comunidades autónomas e entidades locais, como entidades executoras, levarán a cabo o indicado no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, en relación coa identificación do perceptor final
dos fondos, beneficiarios das axudas, contratistas e subcontratistas e coa achega desta información. Estes datos serán incorporados nunha base de datos única.

o) Efectuar a remisión coa periodicidade, procedemento e formato que estableza a Secretaría de Estado de Dereitos Sociais sobre o seguimento da execución contable dos gastos imputados ao subproxecto aniñado.

Artigo 21. Período subvencionable e prazo de execución

1. O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, ambos os dous incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación, segundo o sinalado neste mesmo artigo.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e a súa xustificación, consonte o establecido no parágrafo seguinte.

3. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro do ano correspondente á anualidade a que se impute o orzamento, da maneira seguinte:

b) O 30 de novembro de 2024 para os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos.

c) O 30 de novembro de 2025 para os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, ambos os dous incluídos.

Artigo 22. Prazo e modalidade de xustificación da subvención

1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a entidade beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida.

2. A solicitude do pagamento efectuaraa a entidade beneficiaria a través de medios electrónicos e con anterioridade a que remate a data límite a que se refire o artigo 21, mediante a presentación do anexo III, que estará accesible na Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Coa dita solicitude xuntarase a documentación xustificativa do investimento requirido. A Administración poderá, excepcionalmente, requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de 10 días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nas presentes bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará no suposto do resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), e á consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de facenda, así como da verificación do DNI do solicitante (persoa física) e do representante da persoa xurídica e o NIF do solicitante (persoa xurídica), ou cando como resultado da comprobación se obteña un resultado negativo na comprobación das causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas, tendo neste caso a entidade solicitante que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

No suposto de que transcorra o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de 10 días hábiles, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que conforme a lei correspondan.

Artigo 23. Documentación xustificativa do investimento

1. As entidades beneficiarias terán de prazo para presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados ata o 30 de novembro do ano en curso.

A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, conterá a seguinte documentación:

a) Anexo III, relativo á solicitude de pagamento.

b) Conta xustificativa que incorpore unha memoria de actuación e unha memoria económica abreviada, con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A memoria de actuación deberá referirse aos mecanismos de verificación do cumprimento do principio de DNSH e medidas correctoras para asegurar a súa implementación.

c) Facturas e/ou xustificantes de pagamento.

2. A emisión do informe de auditoría axústase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvención, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e ao disposto nesta orde.

A verificación que debe realizar a auditoría de contas terá, en todo caso, o seguinte alcance:

a) O cumprimento por parte das entidades beneficiarias das obrigas establecidas nesta orde e no resto da normativa que lle é de aplicación na xestión e aplicación da subvención.

b) A adecuada e correcta xustificación da subvención por parte das entidades beneficiarias.

c) A realidade e a regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada polas entidades beneficiarias, foron financiadas coa subvención.

d) O adecuado e o correcto financiamento das actividades subvencionadas.

3. O informe da persoa auditora permitirá obter evidencia suficiente para poder emitir unha opinión sobre a execución dos gastos do proxecto ou actividade subvencionada, conforme estas bases.

En todo caso, deberá comprobarse:

a) Que a conta xustificativa foi subscrita polo representante legal da entidade ou persoa con capacidade, e deberase anexar ao informe unha copia desta verificada pola persoa auditora.

b) Que existe concordancia entre a memoria de actuación e os documentos utilizados para realizar a revisión da xustificación económica.

c) Que o importe xustificado correspóndese ao concedido e que está correctamente desagregado e identificado na conta xustificativa, con indicación das imputacións aplicadas. A revisión abarcará a totalidade dos gastos en que se incorra para realizar as actividades subvencionadas. No caso doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá indicar o seu importe e a súa procedencia.

d) Que o gasto declarado é real e elixible e que está debidamente acreditado e xustificado conforme a normativa vixente. Para os ditos efectos, o informe de auditoría deberá confirmar:

1º. Que os gastos realizados e imputados ao proxecto gardan unha relación directa con este e que son conformes coas normativas autonómica, nacional e comunitaria en materia de elixibilidade de gastos e subvencións.

2º. Que as facturas orixinais ou documentos contables de valor probatorio equivalente que figuran na relación de gastos contan cos datos requiridos pola lexislación vixente, e os ditos gastos foron realizados e efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación, salvo aqueles que pola súa propia natureza deban liquidarse en datas posteriores.

e) Que a entidade beneficiaria utiliza un sistema de contabilidade separada ou codificación contable que permite a inequívoca identificación dos gastos realizados.

f) No informe constará un pronunciamento sobre a elixibilidade do IVE imputado ao proxecto e que non é susceptible de recuperación ou compensación.

g) Que existe acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, copias, capturas de pantallas) do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

4. A xustificación comprenderá o custo total do proxecto ou investimento subvencionado de acordo coa última memoria explicativa autorizada, e non só a contía da subvención concedida. No caso de actividades financiadas con fondos propios ou doutras subvencións ou recursos, deberá reflectirse na memoria económica, que conterá unha relación detallada deles, con indicación do importe, da procedencia e da aplicación ás actividades subvencionadas.

5. Os gastos das entidades terán que adaptarse aos conceptos de gasto consignados na memoria inicial presentada coa solicitude ou na memoria adaptada, no caso de tela presentado, aínda que poderán admitirse desviacións na imputación de cantidades aos conceptos de gasto nunha contía máxima dun 20 % do importe da axuda finalmente concedida, sempre que non se modifique a contía total subvencionada nin a desviación se aplique a conceptos de gasto non autorizados.

O anterior débese entender sen prexuízo da obriga da entidade de solicitar, con carácter excepcional e sempre que resulte alterado o contido do proxecto, modificacións baseadas na aparición de circunstancias que alteren ou dificulten o desenvolvemento do proxecto, que deberán ser autorizadas expresamente de acordo co establecido no artigo 19.

A documentación que xustifique os gastos efectuados con cargo á subvención concedida presentarase separada para cada un dos proxectos subvencionados.

A entidade asignará un número de orde a cada xustificante de gasto e debe ter en conta que a suma de todos os importes totais correspondentes aos distintos conceptos de gasto debe xustificar o importe total de cada operación, segundo a memoria adaptada, no caso de tela presentado.

Mediante técnica de mostraxe aleatoria simple, a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais poderá requirirlles ás entidades beneficiarias que acheguen os orixinais dos xustificantes que consideren oportunos, nos casos en que a normativa reguladora aplicable así o estableza.

6. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o gasto xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, e sempre que estea garantida a consecución do obxecto. Así mesmo, procederá a minoración do importe da subvención concedida ou, de ser o caso, a perda do dereito ao seu cobramento, nos termos e nos casos previstos no artigo 24 e nos demais supostos previstos na normativa de aplicación.

7. Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais, antes de realizar o seu pagamento final, poderá efectuar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

Artigo 24. Pagamento da axuda

1. O pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

2. Poderá anticiparse ata o 100 % do importe concedido para cada anualidade, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño; no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria.

As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo III.

De acordo co artigo 63.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

3. De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas efectuarase unha vez feito o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

Artigo 25. Reintegro

1. De acordo co establecido no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida calquera incumprimento das seguintes obrigas:

a) Cando se obtivese a subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o tivesen impedido.

b) Cando se incumpra totalmente o obxectivo, a actividade ou o proxecto ou non se adopte o comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. No suposto previsto no número 3 do artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, así como a exixencia do xuro de demora correspondente.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refiren os números anteriores, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Con anterioridade ao requirimento previo da Administración, as persoas beneficiarias poderán realizar con carácter voluntario a devolución do importe da axuda obxecto de reintegro.

Esta devolución efectuarase mediante ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172, segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación, e o importe incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 26. Réxime de infraccións e sancións

1. As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para estes efectos, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento, e en función do seguinte:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

b) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 24: reintegro do 2 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa de ata 10 días, do 10 % no caso de que o atraso sexa superior a 10 días e inferior a 20 días, e do 100 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa igual ou superior a 20 días.

c) Non dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento nos termos establecidos no artigo 20.1.g): reintegro do 2 % da axuda concedida.

d) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nas epígrafes anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

2. O non cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 1.e), da Orde HFP/1030/2021, do 28 de setembro, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como dos xuros de demora correspondentes.

3. Procederá igualmente o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 9/2007, do 13 de xuño; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar a devolución voluntaria das cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberán identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF da entidade beneficiaria. Unha vez ingresado, deberáselle comunicar á consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais a devolución voluntaria realizada.

Artigo 27. Comprobación, inspección e control

1. A consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais poderá levar a cabo as actividades de comprobación que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. No caso de subvencións de capital, en cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, o órgano concedente realizará a comprobación material do investimento e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como pola entidade beneficiaria.

3. Sen prexuízo do anterior, realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación redactará unha acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

4. Ademais, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 28. Medidas antifraude

1. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade responsable e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e das verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania).

3. Na loita contra a fraude, a Dirección Xeral de Inclusión Social actuará en conformidade co seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, dispoñible en https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional/plans-antifraude. E no ligazón https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias calquera persoa empregada pública ou cidadán/á poderá facilitar información da que teña coñecemento sobre actuacións ou condutas contrarias á integridade institucional no ámbito do sector público autonómico, con plenas garantías de indemnidade da persoa denunciante.

Artigo 29. Análise do riscos de conflito de intereses

O presente procedemento de subvencións, na medida en que é un procedemento de execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses previsto na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses neste procedemento está baseado na ferramenta de data mining, con sede na Axencia Estatal de Administración Tributaria de España, Minerva ou a que a substitúa no futuro, de acordo co previsto no artigo 4 da Orde HFP/55/2023. A través da ferramenta informática analizaranse as posibles relacións familiares ou vinculacións societarias, directas ou indirectas, en que se poida dar un interese persoal ou económico susceptible de provocar un conflito de intereses entre as persoas a que se refire o artigo 3.1.b) da Orde HFP/55/2023 e os participantes en cada procedemento. Para a identificación das relacións ou vinculacións, a ferramenta conterá, entre outros, os datos de titularidade real das persoas xurídicas a que se refire o artigo 22.2.d).iii) do Regulamento (UE) nº 241/2021, do 12 febreiro, contidas nas bases de datos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e os obtidos a través dos convenios subscritos cos colexios de notarios e rexistradores. En todo caso, os resultados da análise realizada quedarán rexistrados no sistema de información de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para os efectos das posibles auditorías específicas sobre conflito de intereses a levar a cabo ex post no ámbito da estratexia de auditoría que determine a Intervención Xeral da Administración do Estado como autoridade independente de auditoría, acordada coa Comisión Europea.

No suposto de que o resultado da análise do risco de conflito de intereses determine a detección dunha ou varias bandeiras vermellas, por se teren detectado circunstancias que poñen de manifesto a existencia de risco de conflito de intereses, seguirase o procedemento previsto na letra b) dos artigos 5 e 6 da Orde HFP/55/2023.

No suposto de que o resultado da análise do risco de conflito de intereses determine a detección dunha ou varias bandeiras negras pola inexistencia de información sobre risco de conflito de intereses para un ou varios solicitantes, por tratarse dunha entidade ou entidades sobre as cales a ferramenta non dispoña de datos, aplicarase o procedemento previsto na letra c) do artigo 5 e no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro. Simultaneamente, o órgano de concesión da subvención poderá solicitar ao solicitante ou solicitantes afectados pola bandeira negra a información da súa titularidade real. Esta información deberá achegarse no prazo de cinco días hábiles desde que se formule a solicitude de información. Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, levarase a cabo un novo control ex ante do risco do conflito de intereses, con indicación, en lugar do solicitante, dos titulares reais recuperados polo órgano de concesión da subvención.

A falta de entrega da información requirida no prazo indicado será motivo de exclusión do procedemento en que estea participando, de acordo co establecido no número 3 do artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as entidades beneficiarias de subvencións estarán obrigadas a subministrar á Administración, aos organismos ou á entidade prevista no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculados, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 31. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código BS623E, poderase obter documentación normalizada ou información na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias na persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social e Igualdade para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar os gastos e ordenar os correspondentes pagamentos, ao abeiro do establecido no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións e acceso aos sistemas de información

A consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais transmitiralle á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria, de conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Igualmente, a Administración poderá acceder ao Rexistro de Titularidades e a outras bases de datos análogas, se é o caso, e poderá ceder información entre estes sistemas e o Sistema de fondos europeos, segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional aplicable.Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social para ditar as instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

BS623E - AXUDAS PARA REALIZAR ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E/OU EQUIPAMENTO DE EDIFICACIÓNS E VIVENDAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL DE GALICIA DESTINADAS Á ATENCIÓN A PERSOAS SEN FOGAR

Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, ao estar incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro , e coa Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos de publicidade e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, a entidade beneficiaria deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme o manual de identidade corporativa que estea vixente, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, ao proxecto, e incluír a imaxe institucional correspondente que mostre:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

O formato que se utiliza é o seguinte:

missing image file

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego:

i. Breve descrición no seu sitio da internet do que dispoña a entidade beneficiaria, do proxecto desenvolvido ao abeiro da subvención concedida, dos obxectivos perseguidos e resultados acadados, en que se destaque a procedencia do financiamento e o emblema da UE, e incorporará a imaxe institucional correspondente, incluída a da Xunta de Galicia e a do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que mostrará:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «subvencións a concellos para a rehabilitación de vivendas para persoas sen fogar».

ii. Colocar, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3) en que se mencionará o apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia ao proxecto, que inclúa a imaxe institucional correspondente e que mostre:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «subvencións a concellos para a rehabilitación de vivendas para persoas sen fogar».

O cartel, elaborado con materiais que permitan certa perdurabilidade no tempo, deberase colocar nun lugar visible para o público.