DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40485

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (código de procedemento BS623E).

BDNS (Identif.): 771802.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto de convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan á súa disposición un inmoble que cumpra as condicións exixidas por esta convocatoria.

As entidades locais deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

Segundo. Obxecto

A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, os requisitos e o procedemento para a concesión de axudas ás entidades locais de Galicia para a rehabilitación, adaptación e/ou equipamento de edificacións para vivendas que teñan as ditas entidades locais baixo a súa dispoñibilidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 30 de novembro de 2025, así como efectuar a súa convocatoria. A finalidade é que se destinen á atención estable de persoas sen teito, e entrarán a formar parte da rede de vivendas incluídas no proxecto Na casa, recurso residencial de medio e longo prazo destinado a dar unha estabilidade ás persoas sen fogar, impulsado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención de persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (código de procedemento BS623E).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de 5.754.195 euros, distribuído entre as anualidades 2024 e 2025, que se imputará á aplicación orzamentaria que se indica:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

38 03 313C 7600

2021-00178

3.452.517 €

2.301.678 €

5.754.195 €

O importe máximo que se poderá financiar será de 72.000 euros por cada proxecto e en ningún caso superará a subvención concedida o 100 % dos gastos subvencionables.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade