DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40531

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de xuño de 2024 pola que se modifica a Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR101L).

missing image file

O 16 de abril de 2024, a directora xeral de Desenvolvemento Rural resolveu o procedemento para a concesión das axudas tramitado ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023- 2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 242, do 22 de decembro de 2023).

Estando os investimentos en fase de execución, e considerando nalgúns casos posibles demoras no ritmo de execución das obras como consecuencia do procedemento de licitación das obras por parte das entidades locais e dos posibles retrasos e dificultades que se poden atopar para a obtención das correspondentes autorizacións sectoriais imprescindibles, cómpre prever unha ampliación do prazo de xustificación que permita verificar o cumprimento dos requisitos fixados nas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Modifícase a Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, nos seguintes termos:

Un. Modifícase o número 1 do artigo 19 do anexo I, que queda redactado como segue:

«1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 12 de novembro de 2024».

Dous. Engádese un novo número 5 ao artigo 20 do anexo I:

«5. Unha vez cumprida a finalidade e as demais condicións previstas nestas bases reguladoras, tramitarase o pagamento único e final do expediente».

Non obstante o anterior, logo da solicitude dos concellos beneficiarios poderá tramitarse un pagamento anticipado en concepto de entrega de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as accións inherentes á subvención. A solicitude de pagamento do anticipo deberá ser efectuada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A data límite para solicitar o pagamento anticipado será o 1 de agosto de 2024.

A tramitación e concesión do pagamento anticipado suxeitarase á regulación do artigo 31.6 da LSG, dos artigos 63 e seguintes do Decreto 11/2009 e do artigo 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. De acordo con esta normativa, o pagamento anticipado non poderá superar o 50 % da axuda pública concedida nin, de ser o caso, exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

A concesión do pagamento anticipado supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía escrita da autoridade competente, que deberá acadar o 100 % do importe anticipado, nos termos previstos no artigo 63 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. A dita garantía deberá recoller de xeito expreso o compromiso de aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se estableza o dereito ao importe anticipado.

A garantía a que se refire o parágrafo anterior terá validez ata que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural autorice a súa cancelación, unha vez que o promotor acredite a realización e o pagamento dos investimentos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión da axuda.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural